Raquel Fernández

/Raquel Fernández Rodríguez

About Raquel Fernández Rodríguez

Somos unha asociación ecoloxista que ten como misión o fomento do cambio local e global cara a unha sociedade máis respectuosa co medio ambiente, xusta e solidaria.

Participa no convivio-xornada de formación e acción de voluntariado en As Corcerizas

110513San_Mamede_primaveira_voluntariadoEsta fin de semana Amigos da Terra convídavos a participar nunha xornada dobre en As Corcerizas na que se inclúe formación na campaña Alimentos Kilométricos co obxectivo de reflexionar sobre o impacto do actual modelo alimentario, e accións de voluntariado colaborando no desenvolvemento da carreira Desafío Solidario 2012, un evento deportivo na que parte dos cartos acadados se destinarán á reforestación da Serra de San Mamede. Desfruta dunha fin de semana en As Corcerizas, de xeito totalmente gratuíto!

[…]

By | 14 de Maio, 2012|Novas do Voluntariado Local|Comentarios desactivados en Participa no convivio-xornada de formación e acción de voluntariado en As Corcerizas

Amigos da Terra convídate a participar en ConTenedores

Contenedores_okpequeweb

Porque xa estamos fartas e fartos de escoitar falar da crise e de que as receitas para superala sexan consumir máis e máis, convidámosvos a participar en:

ConTenedores, unha iniciativa que persegue facer visible o malgasto dunha sociedade como a europea, que acaba descartando a metade de todos os alimentos que produce, mentres case 1000 millóns de persoas non teñen o suficiente para comer e 25.000 individuos morren de fame cada día.

[…]

By | 25 de Abril, 2012|Novas do Voluntariado Local|1 Comment

Contribúe na reforestación da Serra de San Mamede participando no Desafío Solidario 2012

cartaz_desafio_solidario2012_copy

Xa está aberto o prazo de inscrición para participar no Desafío Solidario 2012, un evento deportivo organizado por Vía XVIII e a Cruz Vermella de Maceda que ten como obxectivo solidario deste ano, coa colaboración de Amigos da Terra, participar na reforestación da Serra de San Mamede despois das perdas acaidas polos lumes do pasado outubro.

A proba terá lugar o día 20 de maio a partir das 9 da mañá e conta con tres modalidades de participación: marcha BTT, carreira e andaina. Os diferentes percorridos permitirán que te achegues a coñecer os diferentes pobos encravados ao pe da Serra de San Mamede, percorrendo paisaxes de gran beleza nun entorno natural protexido, aínda que moi castigado.

[…]

By | 11 de Abril, 2012|Novas do Voluntariado Local|Comentarios desactivados en Contribúe na reforestación da Serra de San Mamede participando no Desafío Solidario 2012

Amigos da Terra secunda a folga xeral do 29 de marzo

arton22730-28d06

O movemento ecoloxista e xa numerosas persoas a título individual, xuntaron as súas sinaturas nun manifesto que convoca, dende unha perspectiva ecoloxista, á vindeira folga xeral do 29 de marzo.

O movemento ecoloxista manifesta que entre as moitas razóns para ir á folga o 29M destaca de forma moi especial a crise ambiental, que resulta ser moito máis grave que a económica e financeira.

[…]

By | 26 de Marzo, 2012|Novas da Asociación|Comentarios desactivados en Amigos da Terra secunda a folga xeral do 29 de marzo

Amigos da Terra celebra o Día Forestal Mundial cunha plantación de árbores autóctonas

dia_da_arbore_corcerizas

Coa finalidade de conmemorar o Día Forestal Mundial, Amigos da Terra realizará hoxe unha plantación de árbores autóctonas correspondentes á segunda fase da campaña Axuda a vivir: doa sangue e planta unha árbore levada a cabo en Ourense durante o mes de xullo.

[…]

By | 19 de Marzo, 2012|Novas de Biodiversidade|2 Comments