Xulio López

/Xulio López

About Xulio López

Somos unha asociación ecoloxista que ten como misión o fomento do cambio local e global cara a unha sociedade máis respectuosa co medio ambiente, xusta e solidaria.

A empresa mineira de Corcoesto amósanos os perigos do TTIP e CETA

corcoestoplataformaUnha empresa canadense anuncia unha demanda contra España

A empresa canadense Edgewater quere demandar a España por rexeitar o proxecto dunha mina de ouro a ceo descuberto en Cabana de Bergantiños, Galicia. Amigos da Terra denuncia que a indemnización solicitada podería ser millonaria. […]

By | 23 de Outubro, 2015|Novas de Biodiversidade|Comentarios desactivados en A empresa mineira de Corcoesto amósanos os perigos do TTIP e CETA

AVISO: Sobre o programa de voluntariado no PN Illas Atlánticas

Cies desde VigoEstimados voluntarios e voluntarias:

Ante todo desculpade o atraso en poñernos en contacto convosco. O motivo do devandito atraso é o seguinte:

Desde o Parque nacional dás Illas Atlánticas solicitáronnos que o proxecto de fenoloxía, que na campaña do pasado ano realizamos en Cíes e Ons, fora ampliado este ano para engadir tamén as illas de Sálvora e Cortegada, de xeito que o estudo fenolóxico abarcase a totalidade dos arquipélagos que forman o parque. […]

By | 21 de Outubro, 2015|Novas do Voluntariado Local|Comentarios desactivados en AVISO: Sobre o programa de voluntariado no PN Illas Atlánticas

Nova proposta do mecanismo de arbitraxe para o TTIP: máis do mesmo

NOalTTIPAmigos da Terra oponse a calquera tipo de arbitraxe que outorgue dereitos ás empresas por riba de gobernos e cidadáns

A Comisión Europea anunciou onte o seu plan para reformar o moi controvertido mecanismo de arbitraxe entre investidores e estados, coñecido por ISDS, actualmente en negociación no marco do Tratado de Comercio e Investimentos entre Estados Unidos e a Unión Europea, TTIP. O ISDS, presente en numerosos tratados de investimentos xa ratificados, outorga dereitos aos investidores estranxeiros por encima dos marcos lexislativos e tribunais dos estados, constituíndo un grave atentado á á soberanía. […]

By | 17 de Setembro, 2015|Novas de Agricultura e Alimentación|Comentarios desactivados en Nova proposta do mecanismo de arbitraxe para o TTIP: máis do mesmo

Imos frear o imposto ao sol!

logo plataforma nuevo modelo energeticoCon suma ironía, o pasado 5 de xuño, Día Mundial do Medio, o Goberno presentou un borrador de Real Decreto de Autoconsumo, que pretende impoñer un “Imposto ao Sol” e obstaculizar enormemente a emancipación enerxética cidadá que favorece esta forma de xerar e consumir enerxía eléctrica, a través dunha morea de barreiras administrativas e económicas. Unha medida en sentido contrario ao que están a facer outros gobernos con máis sentidillo en distintas partes do mundo que priman e fomentan a instalación de renovables e o autoconsumo eléctrico. […]

By | 19 de Xuño, 2015|Novas de Clima e Enerxía|1 Comment

Seixalbo concédenos o premio Freire Carril 2015

agromadasA Asociación Cultural “AGROMADAS” de Seixalbo, ben de fallar o premio “Freire Carril 2015” e tivo a ben condérnolo a Amigos da Terra o que constitúe unha gran honra para todas as persoas que a integramos. […]

By | 16 de Xuño, 2015|Novas da Asociación|Comentarios desactivados en Seixalbo concédenos o premio Freire Carril 2015