A mobilidade a exame (Santiago de Compostela)

//A mobilidade a exame (Santiago de Compostela)
Cargando eventos
  • Este evento pasou.

Co motivo da Semana Europea da Mobilidade e no marco do Compostela + Solidaria varios persoeiros farán un test para facer un percorrido en Santiago de Compostela e comparar a sostibilidade de diferentes medios de transporte (coche eléctrico compartido, bicicleta, patinete, bus urbano e camiañar a pé) avaliados en base o seu consumo enerxético, eficacia e eficiencia, calidade de vida e saúde, menos emisións de CO2 e aporte de maior aforro económico.

Participantes:
Coche eléctrico compartido: Carlos Noya, socio de Nosa Enerxía Sociedade Cooperativa Galega
Bicicleta: Manuel Salgado da Asociación Cívica Composcleta
Patinete electrico: Pablo Alvárez, vicepresidente Nosa Enerxía Sociedade Cooperativa Galega
Bus urbano: Gonzalo Muíños, Concellería de Mobilidade, Seguridade Cidadá e Festas do concello de Santiago de Compostela
A pé: Alejandro Quiñoá, presidente da Coordinadora Galega de ONGD

Itinerario:
Saída: Praza da Música (Auditorio), ás 18:30 horas
Chegada: Plaza Roxa as 19:15, onde estará a Feira “Alternativas contra a Emerxencia Climática” do Compostela + Solidaria

Esta actividade forma parte da Escola de Activismo contra a Emerxencia Climática da convocatoria Iniciativa Xove da Xunta de Galicia.

 

Leave A Comment