Acción global polo clima o próximo 24 de abril

//Acción global polo clima o próximo 24 de abril
Cargando eventos
  • Este evento pasou.

Alianza polo Clima Fridays For Future, 2020 Rebelión polo Clima , convocamos á cidadanía a unha acción global polo clima.

Sen esquecer a gravidade da crise sanitaria que estamos a vivir, non queremos dar as costas á crise climática e de biodiversidade que ameaza a vida na Terra tal e como a coñecemos. Debemos comezar de novo e construír un futuro común desde a xustiza climática e social. Porque a saúde, os coidados e a vida das persoas están por encima de todo.

A pesar de que nos quedemos na casa, as nosas voces poden seguir sendo escoitadas.

Únete á manifestación de luces e sons desde o teu balcón para reivindicar xustiza climática e social, o 24 de abril ás 22:00 h.

Maniféstate desde as redes sociais e desde o teu balcón!

Cando: Venres, 24 de abril ás 22 h.

Onde: desde casa

E o percorrido? De casa en casa, de balcón en balcón.

E como podo participar na manifestación? É moi fácil!

A pesar do confinamento, non queremos renunciar ao noso dereito para manifestarnos pola emerxencia climática e a defensa da vida no planeta. Por sorte, sempre nos queda a creatividade, é o momento de explorar novas formas de activismo!. Para poder facer visibles nosas protestas, para que se escoiten as nosas voces neste período de illamento, esta vez manifestámonos desde casa con luces e sons!

Se tes un proxector, desde a xanela ou o balcón da túa casa podes proxectar vídeos ou imaxes de manifestacións, accións de desobediencia civil, ou calquera mensaxe que creas adecuado para a ocasión. Axúdanos e enche este formulario se tes un proxector potente. Así poderemos facer un seguimento dos lugares e do número de persoas que se manifestan, ademais de facer un vídeo con todas as imaxes que recompilemos.

Se non tes proxector, non pasa nada!. Podes preparar un recortable coa forma que tú queiras (por exemplo: siluetas de persoas manifestándose, o planeta en chamas pedindo axuda, etc.), e desde a xanela ou balcón iluminalo cunha lanterna na fachada ou paisaxe que teñas diante.Non che levará máis de media hora e sorprenderache o resultado! Ao mesmo tempo que che manifestas, podes reproducir o son dunha manifestación real ou calquera outro son que queiras para acompañar as túas imaxes.

E para que che sexa máis fácil participar, o venres 17 de abril poderas descargar e consultar os materiais aqui:

https://2020rebelionporelclima.net/en/24a-manifestacion-de-sombras/

https://alianza-clima.blogspot.com/2020/04/materiales-para-la-manifestacion-de.html

 

Un titorial para aprender a facer o teu recortable e proxectalo coa lanterna do teu móbil, dámosche algunhas ideas de modelos que poderás utilizar!

O son dunha manifestación real para reproducilo mentres te manifestas no teu balcón

Non te esquezas de facer fotos/vídeo da túa proxección de sombras e compartilo en redes sociais coa etiqueta que anunciaremos ese mesmo día.

Manifesto https://drive.google.com/open?ide=19ydFm5qWD_qo1hjGwFTuFcOibvJ-CYVs

 

bib

 

 

Leave A Comment