Alternativas contra a emerxencia climática (Santiago de Compostela)

/Alternativas contra a emerxencia climática (Santiago de Compostela)
Cargando eventos
  • Este evento pasou.

No marco do programa Compostela + Solidaria, o 18 de setembro terá lugar unha Feira de alternativas contra a emerxencia climática. Será de 18:30 a 20.30 horas na praza Roxa de Compostela e estará dirixida a todos os públicos.

Con esta mostra a ONGD Amigos da Terra e a cooperativa de enerxía verde Nosa Enerxía, amosarán solucións sinxelas e prácticas para contribuír a frear a emerxencia climática.
A Feira contará con tres espazos:

Sermos sostibles
Con consellos para reducir a nosa pegada de carbono e favorecer á sostenibilidade no planeta.

Mobilidade
Mostra de medios de transporte sostibles non dependentes do petróleo (coche eléctrico compartido, bicicleta, patinete…). Convidarase a varias persoas a realizar un mesmo percorrido e compararase o resultado dos distintos medios de transporte. Cal será o máis rápido? O que máis consume? O máis saudable? O que emite menos CO2?

Nesta activiade contaremos ca colaboración da asociación Composcleta e o Concelleiro de Mobilidade, Gonzalo Muíños.

Laboratorio de enerxía 100% renovable
Espazo no que se amosará e explicará o funcionamento destas tecnoloxías e o seu uso correcto. Tamén se ofrecerá a posibilidade de interactuar con elas.

Esta actividade forma parte da Escola de Activismo contra a Emerxencia Climática da convocatoria Iniciativa Xove da Xunta de Galicia.

 

Leave A Comment