Durante os días 26 e 27 de novembro terá lugar no concello de Arzúa a Feira “Arzúa ecolóxica”, un espazo de encontro idóneo para produtores, distribuidores, consumidores e público en xeral do sector verde en Galicia.
Amigos da Terra estará presente cun posto informativo coas nosas campañas de consumo, agricultura e cambio climático, ademais estaremos informando sobre os proxectos de voluntariado e do Servizo Voluntariado Europeo.
Tamén para o sábado 26 participaremos cun relatorio sobre os efectos da aplicación do TTIP na agricultura e na alimentación.
máis información aquí >>>
Localización : Recinto Feiral “Terra do Queixo” de Arzúa (A Coruña)
Leave A Comment