Asamblea extraordinaria

//Asamblea extraordinaria
Cargando eventos
  • Este evento pasou.

Este ano adiantouse a convocatoria da asemblea ordinaria de Amigos de la Tierra, para facela coincidir coa visita de activistas de Amigos de la Tierra Internacional, que van impartir obradoiros de formación e colaborar no debate dunha serie de documentos estratéxicos.

Posto que nese encontro de tres días, do 27 ao 29 de marzo, debatiranse estos documentos, decidimos, desde Galicia, facer unha asemblea extraordinaria para poder levar traballados eses documentos dentro do noso grupo e será o venres 13 de marzo en Ourense entre as 16:30 e as 19:00 horas.

16:30 Primeira convocatoria
17:00 Segunda convocatoria
17:05 Lectura e aprobación da orde do día
17:10 Debate e votación documentos estratéxicos Amigos de la Tierra
● Itinerario formativo
● Plan Estratéxico
● Estratexia de Xustiza Global

18:40 Debate e votación integrantes da nova Junta Directiva de Amigos de la Tierra

18:50 Rogos e preguntas

19:00 Finalización da Asemblea Xeral Extraordinaria

Notas:
1. Para a delegación de voto, envía solicitude a través do correo electrónico a info@amigosdaterra.net e se che informará do procedemento.
2. Pregase confirmar asistencia ben sexa vía telefónica no 988374318 ou no e-mail: info@amigosdaterra.net
3. Existe a posibilidade de participar nesta asemblea vía online mediante zoom, para o cal tamén pedimos confirmación para xestionar a loxística asociada.

Leave A Comment