Asemblea Amigas da Terra (Castro Caldelas)

//Asemblea Amigas da Terra (Castro Caldelas)
Cargando eventos

Un espazo para reencontrarnos e construír en común!

Pola mañá terá lugar a asemblea

Primeiramente celebraremos a Asemblea Xeral Ordinaria, onde discutiremos e aprobaremos os plans de traballo, balance económico 2020 e orzamentos 2021. A continuación, celebraremos unha Asemblea Extraordinaria para renovar a Xunta Directiva. Horarios e contidos aquí>>

Posibilidade de conexión telemática

Comeremos ao aire libre de pícnic

Pola tarde faremos unha excursión e visitaremos as hortas de cultivo biointensivo dalgunhas das participantes no proxecto de agricultura ecolóxica que temos na zona.

Existe a posibilidade de durmir en Tronceda o noite do sábado na Casa das Palabras  ao prezo especial de 10€.

Será imprescindible inscrición previa>>*  para planificar os espazos e a conexión online para a asemblea online.

Recordade que se podedes ir o sábado o grupo local de Castro Caldelas organiza unha actividade con distintas actividades que podedes ver no cartel:

 

* https://forms.gle/ohfKGmNXN1KE6S6F6

Leave A Comment