Cinefórum sobre Comunidades Enerxéticas «We The Power» en Allariz

//Cinefórum sobre Comunidades Enerxéticas «We The Power» en Allariz
Cargando eventos
  • Este evento pasou.

Amigos da Terra organiza a proxección pública do aclamado documental « WE THE POWER» (versión orixinal con subtítulos), o cal aborda, dunha forma empoderadora e amena, o movemento de enerxía comunitaria liderado por cidadáns e cidadás en Europa.

A enerxía comunitaria é unha alternativa democrática, sostible e descentralizada ao actual modelo enerxético. Desde a aprobación da nova lexislación europea para a enerxía comunitaria renovable a finais de 2018, a revolución enerxética está a gañar forza en toda Europa.

Para reflexionar xuntas sobre este tema, faremos un faladoiro posterior coa participación entre o público asistente, coa esperanza de comezar a construír iniciativas e alternativas deste tipo, lideradas pola xente e para a xente, que loiten contra a crise climática e o oligopolio enerxético

Non o perdas!

Venres 27 de maio, ás 19:30 h

C.S.A. Cambalhota

Camiño do Castelo 10, Allariz (localización >>>)

Esta actividade forma parte dun proxecto de fortalecemento da participación cidadá na democratización enerxética renovable, impulsado pola nosa coordinadora estatal co proxecto LIFE UP4 CommunityEnergy.

Leave A Comment