Coñeces as aves e árbores da túa cidade? (Ourense)

/, Clima e Enerxía, Voluntariado/Coñeces as aves e árbores da túa cidade? (Ourense)
Cargando eventos
  • Este evento pasou.

Na Aula da Natureza de Oira desenvolverase a cabo un taller práctico para aprender a recoñer as principais especies autóctonas de árbores e aves de Ourense e o impacto sobre as mesmas do cambio climático. Levarase a cabo un paseo pola beira do río Miño.

Desde o principio dos tempos, as especies vexetais e animais autorreguláronse. Aumentando ou diminuíndo as súas poboacións ata que algunhas se extingan ou evolucionen, segundo os recursos dispoñibles e as condicións do medio, mantendo así un “equilibrio desequilibrado” pero funcional.

Hoxe en día, tras a evolución do home, moitas cousas cambiaron. Os procesos aceleráronse, non hai posibilidade de regulación natural e por iso dirixímonos cara a un desequilibrio moi disfuncional, coa perda ou o aumento desenfreado de demasiadas especies, demasiado rápido.

Nesta actividade:

  • falaremos da importancia das especies de fauna e flora, do seu papel fundamental para o equilibrio do ecosistema
  • aprenderemos a identificar as especies autóctonas máis habituais de Galicia a través de actividades lúdicas
  • abordaremos as consecuencias do quecemento global en relación a elas e que podemos facer para minimizar o dano que vimos provocando á natureza, de modo a que podamos seguir habitando este planeta, utilizando os recursos naturais de forma mais sostible, en sintonía co resto de especies que o habitan e que son esenciais para a nosa presenza aquí.
  • daremos un paseo polo río para poñer en práctica o aprendido durante a sesión e identificar as especies que atoparemos no camiño.

Por problemas de aforo será imprescindible inscribirse previamente no seguinte formulario>>

Esta actividade está dentro da Escola de Activistas da convocatoria Iniciativa Xove

 

Leave A Comment