Conversa sobre como comunicar o Cambio Climático (online)

//Conversa sobre como comunicar o Cambio Climático (online)
Cargando eventos
  • Este evento pasou.

Amigos da Terra participa na presentación de  O Libro do Clima publicado por Catro Ventos editora  e  que se realizará o xoves 24 de setembro ás 20h. por streaming.

A presentación que organiza Verdegaia está vinculada ás actividades que, polo 25 de setembro, se realizan a nivel mundial para demandar accións globais contra o cambio climático. Desde Galiza, o Movemento Galego polo Clima, realiza accións baixo o lema Xustiza climática para sair de todas as crises! #XustizaClimática, que se realizarán entre o 21 de setembro e o 4 de outubro, á que nos sumamos desde Amigos da Terra dentro da Escola de Activistas de Iniciativa Xove.

De novo Catro Ventos sorpréndenos coa edición deste título de Esther Gonstalla que recolle aqueles aspectos relacionados co cambio climático nos que hai consenso científico e que aproveita para mostrarnos de maneira visual. A autora, ao igual que fixera no Libro dos Océanos, presenta de maneira gráfica aqueles aspectos relacionados co Cambio Climático que é necesario coñecer para contarmos con información veraz e contrastada e que nos serva para orientarnos na linguaxe científica que acompaña as explicacións sobre a crise climática.

A presentación da obra será realizada por Isidro Dozo, da propia editorial, que nos contextualizará a obra, pero desde Verdegaia queremos incidir nesa capacidade do libro de servir de instrumento para comunicar socialmente a cambio climático. Desta maneira Patricia Iglesias, membro de Nais Polo Clima e de Amigos da Terra, xunto con Miguel Pardellas, membro de Verdegaia e educador ambiental, debateremos sobre a maneira en que podemos comunicar o cambio climático e incidir socialmente na comprensión do mesmo de maneira que a comunicación desta emerxencia serva para contarmos con xente informada que se posicione frente á crise climática.

Estas actividades englóbanse dentro da Escola de Activismo da convocatoria de Iniciativa Xove.

Leave A Comment