Inscrición no Curso de Mestría en Compostaxe en A Coruña

//Inscrición no Curso de Mestría en Compostaxe en A Coruña
Cargando eventos
  • Este evento pasou.

Ábrese o prazo para solicitar praza no curso de Mestría en Compostaxe na súa edición da Coruña en colaboración coa Deputación da Coruña.

Este é o terceiro dos seis cursos que Amigos da Terra España está organizando, 4 en Galicia e 2 na Comunidade de Madrid. Estes cursos realízanse grazas ao programa EmpleaVerde da Fundación Biodiversidad do Ministerio para a Transición Ecolóxica co cofinanciamento do Fondo Social Europeo. En Galicia estes cursos contan coa colaboración da Deputación de Pontevedra e a Deputación da Coruña.

O curso empeza o día 20 de xullo e remata o 31 de xullo. Constará de 50h lectivas, 36 horas teóricas e 14 horas de visitas e prácticas, a desenvolver en horario de mañá e de tarde. Por mor das recomendacións sanitarias o curso desenvolverase de xeito online na súa parte teórica e presencial nas prácticas. Atoparás máis información seguindo este enlace.

O prazo de inscrición remata o vindeiro xoves 16 ás 23:59.

Para inscribirte deberás seguir as instrucións e cubrir o seguinte formulario de inscrición: GALEGO CASTELLANO

En total realizaranse 4 edicións en Galicia, consultar aquí.

Podes descargar o cartel aquí.

Acción gratuíta cofinanciada polo FSE       Conseguir formación e un emprego de calidade

https://www.miteco.gob.es/gl/ https://fundacion-biodiversidad.es/ https://www.empleaverde.es/ https://ec.europa.eu/esf/home.jsp?langId=es

Coa colaboración de:

Leave A Comment