Día Mundial dos Humedais

//Día Mundial dos Humedais
Cargando eventos
  • Este evento pasou.

Roteiro polo Río Miño

Co gallo da conmemoración do 48 aniversario do Convenio Ramsar, Amigos da Terra celebra un ano máis o día dos humedais. Esta actividade está organizada pola Aula de Natureza do río Miño, en colaboración con Amigos da Terra e Xeitura Coop. Realizaremos unha saída polas ribeiras do Río Miño ao seu paso polo concello de Ourense, para o domingo 2 de febreiro pola mañana.

Partiremos dende a pasarela de Outariz, ás 10:30 horas e tras un paseo dun pequeno percorrido pola marxe dereita do río Miño dunhas tres horas, rematará na localidade de Untes, que servirá para iniciarse na observación de aves propias de entornos lacustres ou fluviais e que será guiado polo naturalista ourensán Raúl González.

Aconsellamos o uso de calzado cómodo e traer prismáticos e guías de aves, se dispoñen deles.

Para máis información contactar con
voluntariado.galicia@amigosdaterra.net
aulanatureza@ourense.es

ou nos telefonos: 988510781 ou 988 374 318

 

Leave A Comment