Día por unha Boa Alimentación

//Día por unha Boa Alimentación
Cargando eventos
  • Este evento pasou.

O próximo 26 e 27 de outubro celebramos os días de Acción por unha Boa Alimentación. Agricultores, agricultoras, colectivos e cidadanía unímonos por toda Europa para reivindicar unha boa alimentación, xusta e respectuosa co medio ambiente. Os grupos de Amigos da Terra estaremos a reclamar outro tipo de alimentación por todo o continente. No caso de España reclamamos unha alimentación baseada na soberanía alimentaria e aproveitaremos para dicir Stop Gandería Industrial!

Estamos a preparar un taller de ciencia cidadá para visibilizar as alternativas ao noso alcance no consumo alimentario responsable. Ademais degustaremos un café ecolóxico de comercio xusto e local.

O grupo local de Galicia organizará unha visita para mostrar o gran valor ambiental da gandería a pequena escala e como esta contribúe ao bo estado dos ecosistemas.

 

– Onde: Monte Veciñal de Tourón en Melón (Ourense)

– Cando: 27 domingo de 17:00 a 20:00

Si che interesa participar ponte en contacto con nós:

988 374318

voluntariado.galicia@amigosdaterra.net

APÚNTATE!

 

Leave A Comment