Encontro xuvenil pola Xustiza Climática e Social (online)

//Encontro xuvenil pola Xustiza Climática e Social (online)
Cargando eventos
  • Este evento pasou.
Participa no encontro xuvenil pola Xustiza Climática e Social
Interseccionalidade, procomún, Xustiza Climática e Social, Green New Deal, impactos e inxustizas durante da pandemia do Covid-19… pero tamén ioga, cinema, meditación e moito máis no primeiro Encontro xuvenil pola Xustiza Climática e Social. Un encontro dixital, gratuíto e participativo para os e as mozas de toda Europa. Rexístrate!
Young Friends of the Earth Europe ( YFoEE), o proxecto ICEY- GND, ULEX, European Youth for Action ( EYFA) e Gastivists convídante a unirte a mozas e mozos de toda Europa para compartir, escoitar, inspirarche e achegar sobre o mundo no que queremos vivir. Son máis de 30 sesións online! Podes unirte a unha, ou a todas, ti elixes.
30 sesións da man dun grupo moi especial de persoas capacitadoras e expertas para viaxar cara ás claves da Xustiza Social e Climática e reflexionar sobre o noso rol na sociedade que estamos a impulsar. Non o perdas!
  • Cando? Entre o 3 e o 13 de setembro
  • Onde? Será un encontro online*
  • Que sesións terán lugar? Descarga o programa aquí
  • Canto costa? Evento gratuíto
  • Quero participar! Como? Rexístrate aquí
E despois que? Despois de dez días de sesións, o proxecto ICEY- GND (dirixido por Amigos da Terra Mocidade Europa) terá como obxectivo recompilar as visións da mocidade sobre como debería ser o Green New Deal Europeo, incluídas as túas demandas e obxectivos concretos para podelas transmitir aos gobernos europeos e nacionais. Fai que se escoite a túa voz!
* Toda a sesión será en inglés.
** Como parte de Amigos da Terra Europa Mocidade, en todos os nosos eventos seguimos as políticas de Safer Spaces. Antes de apuntarte, bótalle unha ollada á nosa política por favor
Este evento está organizado co apoio financeiro da Fundación Europea da Mocidade do Consello de Europa e a Unión Europea.

Leave A Comment