Faladoiro interno sobre os eólicos en Galicia

/, Voluntariado/Faladoiro interno sobre os eólicos en Galicia
Cargando eventos
  • Este evento pasou.

Sabemos que as renovables son necesarias neste contexto de emerxencia climática. Sen embargo realmente son necesarios tantos parques eólicos? Aínda que AdT ten investigacións sobre o potencial do autoconsumo ou comunidades enerxéticas o certo é que non será suficiente, entón serán necesarias zonas de sacrificio medio ambiental?  E como debe afrontar a asociación esta situación? Cal debe ser a nosa postura?

Para axudarnos a respostar estas preguntas organizamos un ciberfaladoiro interno xunto cas compañeiras de Enxeñería Sen Fronteiras cas cales colaboramos no proxecto Mulleres Bravas  e tamén ca presencia de Xabier Simón, profesor e  investigador da UVigo, director do Observatorio Eólico de Galicia

Cando? Martes 16 ás 19:00
Onde?  por  Zoom  https://zoom.us/j/94720325871

Este encontro será o peche do proxecto Europe in Solidarity, lanzado pola organización Friends of the Earth Europe , da cal somos parte aquí en Galicia. O proxecto trata de conectar as realidades locais coas políticas europeas a nivel ambiental e aproveitando a oportunidade da COP 26, pretende coñecer os puntos de vista dos europarlamentarios respecto aos debates que como sociedade galega nos inquedan. No caso de Galicia queremos enfocarnos nun tema de actualidade para a nosa comunidade como é a transición enerxética como medida para loitar contra a crise climática e social que leva aparellada. Así realizamos vídeos curtos onde activistas ambientais levaban a cabo preguntas que contestaban as europarlamentarias galegas e que podes visionar nas nosas redes sociais co cancelo #ActInSolidarity.

Amigos de la Tierra agradece a financiación da Unión Europea. O contido desta actividade é de exclusiva responsabilidade de Amigos de la Tierra e non pode considerarse un reflexo da opinión da UE. O Parlamento Europeo non pode facerse responsable do uso que poda darse á información aquí vertida

 

 

 

 

Leave A Comment