Feira Compostela+Solidaria

//Feira Compostela+Solidaria
Cargando eventos
  • Este evento pasou.

Amigos da Terra pecha a súa colaboración  na segunda edición do Compostela+Solidaria ca asistencia á Feira Solidaria o venres, 16 de xuño, na Praza Roxa de Compostela na que se ofrecerán actividades e xogos para grandes e pequenos e ofreceremos un espazo de encontro para visibilizar o traballo das ONG de Desenvolvemento na loita contra as desigualdades e pobreza global. Haberá chocolatada de Comercio Xusto, obradoiros de comunicación de guerrilla, a elaboración dun grafitti sobre a soberanía alimentaria co alumnado de colexios da cidade, xogos cooperativos tradicionais con enfoque de xénero, construción de biofiltros de auga, unha bomba de mecate con materiais de refugallo, elaboración de chapas, mapamundi xigante, etc…

Concretamente Amigos da Terra para dar a coñecer a problemática dos residuos e os seus impactos sobretodo nos países empobrecidos terá, o twistter do lixo para os máis pequenos e información sobre a campaña alargascencia para os máis adultos. Tamén teremos alí unha cociña solar e levaremos a cabo un taller para a construción dun forno solar caseiro para revindicar enerxía asequible e non contaminante.

 

Leave A Comment