Formación “Participación e órganos de decisión”

//Formación “Participación e órganos de decisión”
Cargando eventos
  • Este evento pasou.

Seminario para continuar co proceso de reflexión sobre os nosos actuais órganos de toma de decisións entre asembleas: grupo de correo magma e xunta directiva. Aproveitaremos a necesaria renovación da directiva, para reflexionar sobre os espazos que actualmente temos para a participación no día a día da asociación, identificar os elementos que dificultan a renovación da directiva.

A sesión levarase a cabo o 2 de outubro en horario de 16:30 a 20:30 de xeito presencial na sede de Radio Ecca na rúa Velázquez Moreno 9, Vigo , pero respectando todas as limitacións e medidas de seguridade dos actuais protocolos sanitarios.

Esta sesión estará dinamizada por María Rosendo e Mari Fidalgo, quenes xa teñen facilitado anteriores procesos e formacións na asociación.

Non é preciso ter participado da anterior xuntanza. A túa visión como activista, sexa cal sexa o teu grao de participación, é valiosa e importante neste proceso.

Se queres participar nesta xuntanza, pregamos que confirmes o teu interese, enchendo este formulario antes do xoves 1 de outubro.

Leave A Comment