Inscrión do curso de Mestría en Compostaxe, Santiago de Compostela

//Inscrión do curso de Mestría en Compostaxe, Santiago de Compostela
Cargando eventos
  • Este evento pasou.

Ábrese o prazo para solicitar praza no curso de Mestría en Compostaxe na súa última edición en  Santiago de Compostela.

As prazas están limitadas a 10 polo que haberá proceso selectivo en base ao currículum e carta de motivación.

Este é o sexto dos seis cursos que Amigos da Terra España está organizando, 4 en Galicia e 2 na Comunidade de Madrid. Estes cursos realízanse grazas ao programa empleaverde da Fundación Biodiversidad do Ministerio para a Transición Ecolóxica co cofinanciamento do Fondo Social Europeo. En Galicia estes cursos contan coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela, Concello de Viveiro, Concello de Foz, da Deputación de Pontevedra e a Deputación da Coruña.

O curso empezará o día 4 de novembro e remata o 19 do mesmo mes. Constará de 50h lectivas, 36 horas teóricas e 14 horas de visitas e prácticas, a desenvolver en horario de mañá e de tarde. Por mor das recomendacións sanitarias o curso desenvolverase de xeito online na súa parte teórica e presencial nas prácticas. Atoparás máis información e o programa seguindo este enlace.

O prazo para solicitar praza remata o vindeiro luns 2 ás 8:00 da mañá.

Para inscribirte deberás seguir as instrucións do seguinte formulario: GALEGO CASTELLANO

En total realizáronse 4 edicións en Galicia, consultar aquí.

Podes descargar o cartel aquí.

Acción gratuíta cofinanciada polo FSE       Conseguir formación e un emprego de calidade

https://www.miteco.gob.es/gl/ https://fundacion-biodiversidad.es/ https://www.empleaverde.es/ https://ec.europa.eu/esf/home.jsp?langId=es

Coa colaboración de:

Leave A Comment

Logged in as Gustavo Cochón. Log out »

Leave A Comment