Manifestación da Coordinadora Eólica Así Non

//Manifestación da Coordinadora Eólica Así Non
Cargando eventos
  • Este evento pasou.

A Coordinadora Eólica Así Non, da que Amigas da Terra forma parte xunto con máis de 200 entidades e plataformas ecoloxistas, veciñais, sociais, culturais, sindicais de toda Galiza, fai un chamamento a toda a sociedade galega para que participe na gran mobilización social que terá lugar o vindeiro domingo 5 de xuño, Día do Medio Ambiente, en Santiago de Compostela, e que partirá ás 12 horas desde a Alameda e rematará na Praza do Obradoiro baixo o lema Temos Alternativa!

Desde Amigas da Terra consideramos que a emerxencia climática só a poderemos enfrontar desde un novo modelo enerxético baseado na redución e distribución da enerxía limpa, na participación cidadá no deseño e xestión dos proxectos enerxéticos desenvoltos no seu territorio e na xustiza social e de xénero. Lamentamos profundamente que boa parte das administracións galegas en vez de estar apoiando a súa veciñanza, impulsando e favorecendo comunidades enerxéticas e autoconsumos compartidos, opten por poñerse no bando dos grandes proxectos e das empresas espoliadoras do territorio.

 

Mais información  >>>

Leave A Comment