Marcha en defensa da agua,a paisaxe e o patrimonio da Casa da Neve

//Marcha en defensa da agua,a paisaxe e o patrimonio da Casa da Neve
Cargando eventos
  • Este evento pasou.

Dende Amigos da Terra apoiamos a I marcha en defensa da agua, a paisaxe e o patrimonio da Casa da Neve organizada pola plataforma veciñal STOP EÓLICOS XURÉS-CELANOVA,
convoca unha MARCHA en DEFENSA DA CASA DA NEVE, espazo ameazado por un
proxecto de explotación industrial eólica, un dos varios que se pretenden impoñer á
veciñanza das nosas comarcas sen que autoridade pública ningunha teña movido un
dedo para 1) informar á xente e 2) opoñerse a esta invasión do territorio por parte das
corporacións enerxéticas.

Esta camiñada, que partirá da Praza Maior ás 10 da mañá deste próximo sábado, para
subir até o Monte da Neve e visitar a área ameazada pola instalación do polígono -sete
muíños de case 200 metros de alto que darían continuidade a liña de dezanove do PE do
Vieiro-, pretende chamar a atención da veciñanza de Celanova e dos núcleos rurais e
parroquias máis afectadas (Moreiras, Cañón, Casasoá, Sampil, Amoroce…) sobre os
impactos sobre a calidade das augas, e en xeral o medio natural, a saúde, a paisaxe e o
patrimonio.

Leave A Comment