Obradoiro de micro plásticos e Xantar en Vigo

/, Recursos Naturais e Residuos/Obradoiro de micro plásticos e Xantar en Vigo
Cargando eventos
  • Este evento pasou.

Dende Amigos da Terra queremos facer un encontro ca nosa base social e, xa de paso, realizar unha actividade ambiental e xuntarnos para xantar!

Queremos buscar micro plásticos nun areal de Vigo e así tomar consciencia desta contaminación invisible. Para facelo usaremos materiais como cribos e lupas, si queres descubrir como facelo e participar na experiencia vente  este sábado de 11:30 a 13:30 horas ata a praia do Museo do Mar

Hora e Punto de encontro: sábado 8 de febreiro ás 11:30 na entrada principal do Museo do Mar 

O obxectivo deste obradoiro é crear unha masa de persoas interesadas en traballar no tema de plásticos, residuos,… A partir do mes de marzo replicaremos este obradoiro noutras localidades. Se non vos podedes achegar a Vigo seguro que teredes outras oportunidades de participar.

Requisitos de participación: para asistir só precisamos que teñas curiosidade por coñecer máis sobre esta problemática e querer coñecer outras persoas interesadas no medio ambiente.

Despois do obradoiro xantaremos nalgún restaurante da zona, aínda sen determinar, que teña prezos económicos e asumibles. O obxectivo non será outro que botar unhas risas, falar, debater e coñecer a parte máis humana da asociación.

Custe: o obradoiro é gratuíto.

Si estás interesada por favor inscríbete neste formulario>>  antes do xoves 6.

Apúntate!!

Vémonos o sábado en Vigo!!

Leave A Comment