Segunda Formación Específica do Proxecto Cultivo Biointensivo

//Segunda Formación Específica do Proxecto Cultivo Biointensivo
Cargando eventos
  • Este evento pasou.

 

Amigos da Terra organiza este domingo 4 de outubro no concello de Meaño, en Pontevedra, a segunda das 3 formacións específicas do proxecto “Cultivo biointensivo de alimentos: método agroecolóxico innovador para a adaptación ao cambio climático de hortas familiares e comunitarias”.

O curso, cunha duración de 8 horas, impartirase, en horario de mañá e tarde, no Museo da Muller Labrega, en Meaño, Pontevedra. Tamén visitaremos a horta de referencia do proxecto así como algunha das hortas participantes.

Ésta será a segunda xornada na que ademais da intercambio de experiencias entre as participantes, traballaremos na planificación da horta de inverno-primavera e a realización práctica de extracción de diferentes tipos de sementes. Como en outros encontros formativos, tamén haberá tempo para intercambiar sementes e visitar algunha horta da zona da comarca do Salnés.

O curso está dirixido ás persoas que están participando no proxecto de Amigos da Terra

Imparte Guillermo Rodríguez Barreiro, enxeñeiro agrónomo e Mestre Nivel Básico do método biointensivo. Labrego na horta biointensiva “O Torno”, horta de referencia con vocación de espazo de formación, investigación e promoción do método biointensivo en Galicia.

Programa provisional

Colaboran

Este proxecto conta co apoio do Ministerio para a Transición Ecolóxica a través da Fundación Biodiversidade

Leave A Comment