Terceira Formación Específica do Proxecto Cultivo Biointensivo

//Terceira Formación Específica do Proxecto Cultivo Biointensivo
Cargando eventos
  • Este evento pasou.

Amigos da Terra organiza este domingo 8 de novembro, a terceira das formacións específicas do proxecto “Cultivo biointensivo de alimentos: método agroecolóxico innovador para a adaptación ao cambio climático de hortas familiares e comunitarias”.

O curso, inicialmente previsto de forma presencial que se organizaba na Casa das Palaras, en Tronceda, Castro Caldelas, Ourense, é debido a situación de toque de queda e demais circunstancias causadas pola COVID impartirase, en horario de mañá cunha duración de 4 horas, de xeito virtual por medio dunha plataforama virtual.

Ésta será a terceira xornada na que ademais do intercambio de experiencias entre as participantes, traballaremos na planificación da horta de inverno-primavera, sistemas de rego e a realización práctica de extracción de diferentes tipos de sementes. Lamentablemente tamen aprazamos as visitas ás hortas dos participantes da comarca da Ribeira Sacra, para mellores ocasións.

O curso está dirixido ás persoas que están participando no proxecto de Amigos da Terra

Imparte Guillermo Rodríguez Barreiro, enxeñeiro agrónomo e Mestre Nivel Básico do método biointensivo. Labrego na horta biointensiva “O Torno”, horta de referencia con vocación de espazo de formación, investigación e promoción do método biointensivo en Galicia.

Programa provisional

Este proxecto conta co apoio do Ministerio para a Transición Ecolóxica a través da Fundación Biodiversidade

Leave A Comment