Terceira Formación Específica do Proxecto Cultivo Biointensivo

//Terceira Formación Específica do Proxecto Cultivo Biointensivo
Cargando eventos
  • Este evento pasou.

Amigos da Terra organiza este domingo 11 de outubro na localidade de Tronceda no concello de Castro Caldelas, en Ourense, a terceira das formacións específicas do proxecto “Cultivo biointensivo de alimentos: método agroecolóxico innovador para a adaptación ao cambio climático de hortas familiares e comunitarias”.

O curso, cunha duración de 8 horas, impartirase, en horario de mañá e tarde, na Casa das Palaras, en Tronceda, Castro Caldelas , Ourense.

Ésta será a terceira xornada na que ademais da intercambio de experiencias entre as participantes, traballaremos na planificación da horta de inverno-primavera e a realización práctica de extracción de diferentes tipos de sementes. Como en outros encontros formativos, tamén haberá tempo para intercambiar sementes e visitar algunha horta da zona da comarca da Ribeira Sacra.

O curso está dirixido ás persoas que están participando no proxecto de Amigos da Terra

Imparte Guillermo Rodríguez Barreiro, enxeñeiro agrónomo e Mestre Nivel Básico do método biointensivo. Labrego na horta biointensiva “O Torno”, horta de referencia con vocación de espazo de formación, investigación e promoción do método biointensivo en Galicia.

Programa provisional

Este proxecto conta co apoio do Ministerio para a Transición Ecolóxica a través da Fundación Biodiversidade

 

Leave A Comment