Amigos da Terra organiza este domingo 3 de novembro no concello de Meaño, en Pontevedra, a terceira das xornadas do curso “Método Biointensivo de Cultivo de Alimentos”.
O curso, cunha duración de 8 horas, impartirase, en horario de 9:30h a 13:30h e de 15:30h a 19:30h, no Museo da Muller Labrega e na Horta biointensiva O Torno, en Meaño, Pontevedra.
Nesta xornada repartiremos as emendas que usaremos este ano nas camas de cultivo biointensivo; traballaremos na prevención e tratamento de pragas e enfermidades dos nosos cultivos e analizaremos as asociacións entre cultivos e plantas aromáticas que mellor nos poidan funcionar .
O curso está dirixido a persoas que xa realizasen previamente o taller básico do método biointensivo e, idealmente, que o estean aplicando nunha horta.
Imparte Guillermo Rodríguez Barreiro, enxeñeiro agrónomo e Mestre Nivel Básico do método biointensivo. Labrego na horta biointensiva “O Torno” , horta de referencia con vocación de espazo de formación, investigación e promoción do método biointensivo en Galicia.
Colaboran
Este proxecto conta co apoio do Ministerio para a Transición Ecolóxica a través da Fundación Biodiversidade
Leave A Comment