Visita ao proxecto da granxa rexenerativa Casa da Fonte situada en Mañente, Pantón, na Ribeira Sacra Lucense. Nesta granxa realizan a cría e manexo natural dos animais, o que lles permite obter productos artesanais de alto valor nutricional, axudando a manter a biodiversidade e coidando o medio que os rodea.
Elaboran iogurt natural, queixo e leite que comercializan en distintos puntos de venta nas provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra. O lema que lles representa é “Rexenerando os solos, coidando o medio, producindo saúde”.
Cando? sábado 28 de maio de 12:00 a 14:00
Donde? A Fonte Nº 1 Mañente (Pantón) (Localización aquí>> )
Posibilidade de compartir vehículos. Haberá becas de desprazamento.
É necesaria a inscrición no seguinte formulario>>
Despois da visita quedaremos a xantar de picnic pola zona. E pola tarde hai posibilidade de visita pola ribeira Sacra.
Leave A Comment