Acción forestal en Tourón (Melón)

//Acción forestal en Tourón (Melón)
Cargando eventos
  • Este evento pasou.

Actividade dentro do programa de actividades que, polo 25 de setembro, se realizan a nivel mundial para demandar accións globais contra o cambio climático. Desde Galiza, o Movemento Galego polo Clima, realiza accións baixo o lema Xustiza climática para sair de todas as crises! #XustizaClimática, que se realizarán entre o 21 de setembro e o 4 de outubro, á que nos sumamos desde Amigos da Terra realizando unha xornada de voluntariado forestal en Tourón (Melón).

Ao igual que está pasando na provincia este verán, no 2017 o monte desta aldea ourensana foi unha dos afectados pola vaga de lumes que devastaron milleiros de hectáreas en Galiza.  Dende entón estamos a levar accións de restauración, plantación e conservación do monte autóctono  para chamar a atención sobre a problemática dos incendios forestais. Estes son consecuencia da nefasta xestión forestal e o abandono do noso ruralos, que se ven agravados polos efectos do cambio climático.

O domingo 27 quedaremos no aparcadoiro de Tourón ás 11:00 para a continuación subir ás zonas restauradas a facer labores de mantemento das plantacións de frondosas (desbroce manual de maleza, retirada de tutores, marcado de marras, etc). A actividade finalizará sobre as 13:30.

Para garantir a seguridade e saúde das persoas asistentes levaranse a cabo as recomendacións  e medidas para o desenvolvemento das actividades de educación non formal, ocio educativo e tempo libre adaptadas á situación derivada da crise sanitaria do Covid-19 da Xunta de Galicia e será imprescindible inscribirse previamente á actividade no seguinte formulario>>

Estas actividades englóbanse dentro da Escola de Activismo da convocatoria de Iniciativa Xove.

Leave A Comment