Campañas e proxectos de Amigos da Terra nos que podes participar.
Un café xusto, por favor!
Amigos da Terra impulsou no ano 2008 a campaña Un café xusto, por favor! co obxectivo de implicar á sociedade na responsabilidade colectiva do modelo de consumo actual, fomentando o cambio cara alternativas xustas e sustentables de comercio local e […]
Bolsas feitas con comida? Pero a quen se lle ocorre… Asina a Ciberacción!
Como solución para reducir o número de bolsas de plástico que levan anos contaminando os nosos ríos, bosques, mares e selvas, o Goberno Estatal sacou unha lei (Lei 22/2011) que propón a substitución destas bolsas non biodegradables por bolsas fabricadas a […]
Zona Libre de Bolsas
A campaña Zona libre de Bolsas, xurde de Amigos da Terra como unha campaña enfocada cara a redución e progresiva eliminación das bolsas dun só uso, e á sensibilización sobre as repercusions sociais e ambientais do uso excesivo destes elementos.
Pinchando nesta imaxe, poderás coñecer a campaña máis polo miudo, e formar parte dela.
E visitando o […]
Galicia libre de bolsas de plástico!
A cidadanía apoia a prohibición das bolsas de plástico enviando a súa sinatura á Ministra de Medio Ambiente
Xa son mais de 2000 as sinaturas recollidas ata o momento por parte da cidadanía en favor da eliminación das bolsas de plástico. Esta campaña, de recollida de sinaturas contra as bolsas de plástico dun so uso, enmárcase dentro dun proxecto máis amplo levado a cabo pola área de residuos de Amigos da Terra, no que se realizan diferentes accións para promover e lograr a redución de residuos no noso país. Os residuos non biodegradables, como as bolsas de plástico, representan unha ameaza para a nosa contorna, e os cidadáns e máis en particular o goberno deben responsabilizarse da súa redución asegurando un medio ambiente saudable.
Informade do CO2
Amigos da Terra invítalle a participar por si mesma/o na recompilación de publicidade ilícita que posteriormente será empregada en actividades de denuncia e presión para esixir ás Administracións e aos fabricantes que cumpran como mínimo coa normativa vixente, abandonando a publicidade enganosa, e á Unión Europea que obrigue a dedicar o 20% do anuncio publicitario a informar sobre as emisións. O procedemento é simple, non leva máis que cinco minutos e non custa nada.