Campañas e proxectos de Amigos da Terra nos que podes participar.
Europa ten que asumir o liderado!
Durante as próximas semanas os representantes europeos decidirán en nome de europeos e europeas cal debe ser a nosa resposta ao cambio climático. Liderarán a loita para manter quecemento global por baixo de 2°C.
2009 será un ano crucial para conseguir un acordo post-2012. Os estados do mundo reuniranse na Conferencia das Nacións Unidas en Copenhague para traballar nun Acordo Internacional que aborde o Cambio Climático despois do acordo de Quioto. ¡Toma partido!
A Aposta por frear o Cambio Climático en Europa
A Aposta por frear o Cambio Climático en Europa, España e Galicia.
A Aposta é unha campaña de educación ambiental que se desenvolveu xa en vinte países europeos. A primeira Aposta fíxose en Alemaña en 1998 dirixida á mocidade a través de BUNDjugend. Mozos e mozas foron quen de aforraren 10 millóns de Kg de CO2 en tan só un ano escolar. A raíz do éxito da iniciativa, realizáronse novas edicións da Aposta. Así, acadouse a marca de apostantes, chegando até 50.000 participantes na campaña europea do 2001. A Aposta en España comezou a fraguar coma consecuencia dunha xuntanza de mozos europeos celebrada en París en xullo de 2000. Despois da experiencia coordinada a nivel estatal, Amigos da Terra en Galicia comeza a traballar de xeito continuo desde o 2001, grazas á colaboración do voluntariado tanto local como europeo.
Pensa Globalmente, Actúa Localmente é o motor desta campaña. O proxecto baséase na aprendizaxe de conceptos e actitudes onde analízase a realidade, búscanse respostas e propóñense solucións acadar o obxectivo de redución das emisións, empregando a pedagoxía do compromiso, promovendo que se asuma a responsabilidade e a interiorización das cuestións plantexadas, cambiando así o comportamento por “si mesmos” identificándose cos valores que constitúen a base do proxecto: responsabilidade, participación e cooperación. A Aposta por frear o Cambio Climático motiva ás actitudes positivas cara o medio ambiente, favorecendo o intercambio de experiencias e a interacción entre os diversos actores sociais para a busca de solucións.
Campaña S.O.S. Clima
Amigos da Terra cre que o noso goberno debería facer máis para frear o cambio climático. Sen accións urxentes, secas, inundacións e climas extremos formarán parte do noso día a día e afectarán a persoas arredor de todo o mundo.
Por este motivo os grupos […]