Apoia coa túa sinatura aos indíxenas de Guatemala na súa loita coa empresa galega Hidrial
Unha empresa Marca España, Ecoener-Hidralia, quere construír unha presa en Barillas, Guatemala. A hidroeléctrica galega chegou á zona en 2007 coa intención de apropiarse do Río Canbalam e os recursos naturais das comunidades de Barillas. Ese mesmo ano, nunha consulta pública, máis do 90% da poboación opúxose á construción da central.