Na túa comida co TTIP: Salchichas á ractopamina #TTIPsecret
A ractopamina é un fármaco que se usa como aditivo alimentario para promover o crecemento da masa muscular en porcos, vacas e pavos. Debido ao perigo deste tratamento para a saúde, na UE está prohibido desde 1996, en cambio, en EEUU aliméntase con ractopamina ao 80% dos porcos. A propia Axencia Europea de Seguridade Alimentaria asegura que non se pode pór en risco a alimentación, e moito menos situar os intereses da agroindustria por encima do interese xeral. Unha aseveración que formaría parte do principio de precaución, un dos alicerces da UE á hora de lexislar.
[…]