Cambio Climático

/Tag:Cambio Climático

Propostas ambientais das organizacións ecoloxistas para os primeiros 100 días do Goberno

Amigos da Terra, Ecoloxistas en Acción, Greenpeace, SEO/BirdLife e WWF reunímonos esta mañá coa Vicepresidenta para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, Teresa Ribeira. As organizacións solicitamos ao Goberno que aborde os maiores retos ambientais aos que se enfronta España e que lidere a nivel europeo as políticas máis avanzadas en defensa da natureza […]

By | 6 de Febreiro, 2020|Novas da Asociación|Comentarios desactivados en Propostas ambientais das organizacións ecoloxistas para os primeiros 100 días do Goberno

O Parlamento galego teima na irresponsábel defensa do carbón na central das Pontes

  • A cámara galega vén de aprobar un Proposición non de Lei na que solicita ao Goberno do Estado que non atenda a solicitude de peche da central máis contaminante do Estado.
  • O peche das Pontes debe estar vencellada a unha transición xusta para os traballadores e traballadoras, mais non debe estar condicionada a isto, […]
By | 3 de Febreiro, 2020|Novas de Clima e Enerxía|Comentarios desactivados en O Parlamento galego teima na irresponsábel defensa do carbón na central das Pontes

A emerxencia climática debe ir acompañada dunha redución de emisións máis ambiciosa

Hoxe, 21 de xaneiro, o Goberno aprobou a declaración de Emerxencia Climática, xa prevista desde setembro de 2019. En Amigos da Terra celebramos a noticia, aínda que facemos fincapé na necesidade de que vaia acompañada de medidas efectivas que estean á altura da crise climática.

Hoxe pola mañá, o Consello de Ministros deu luz verde á […]

By | 21 de Xaneiro, 2020|Novas de Clima e Enerxía|Comentarios desactivados en A emerxencia climática debe ir acompañada dunha redución de emisións máis ambiciosa

As ONG ambientais piden máis ambición ao Goberno español e á UE para afrontar a crise climática

No día da formación das Cortes Xerais, Amigos da Terra, Ecoloxistas en Acción, Greenpeace, SEO/BirdLife e WWF esiximos en roda de prensa, celebrada hoxe na COP25, unha acción de goberno decidida e urxente para afrontar a urxencia climática e as súas consecuencias. Tamén pedimos liderado nacional e internacional porque só quedan dez anos para […]

By | 3 de Decembro, 2019|Novas da Asociación|Comentarios desactivados en As ONG ambientais piden máis ambición ao Goberno español e á UE para afrontar a crise climática

Mobilización ecoloxista sen precedentes fronte á COP25

O vindeiro venres 6 de decembro a cidadanía e numerosas organizacións da sociedade civil volveremos encher as rúas na Marcha polo Clima. É unha mobilización mundial que terá lugar en Santiago de Chile e Madrid, trala decisión unilateral do goberno chileno de cancelar a COP25 e a súa posterior acollida en España.

O ano 2019 […]

By | 2 de Decembro, 2019|Novas de Clima e Enerxía|Comentarios desactivados en Mobilización ecoloxista sen precedentes fronte á COP25