Loading...
  • Amigos da Terra

    Somos unha asociación ecoloxista, integrada na rede de Friends of the Earth International

  • Friends of the Earth International

    Somos a federación ambientalista de base máis grande do mundo, con 77 grupos nacionais e ao redor de de 5.000 grupos locais en cada continente

  • Clima e Enerxía

    As causas do cambio climático están sendo provocadas polo ser humano

  • Recursos Naturais e Residuos

    A raíz do problema reside na promoción dun modelo de crecemento baseado no consumo

  • Cooperación ao Desenvolvemento

    Levamos a cabo programas de protección, recuperación e xestión responsable e participativa dos recursos naturais en Honduras, El Salvador e Nicaragua

  • Voluntariado

    Traballamos polo fomento do voluntariado coma unha ferramenta fundamental para promover o cambio social mediante a sensibilización e concienciación da cidadanía

  • Non ao TTIP

    A UE e EUA están negociando un tratado de libre comercio en completo segredo. Este novo cabalo de troia oculta unha perda de dereitos que nos afecta directamente como cidadanía.

  • Biodiversidade

    Incidir na importancia de colaborar na protección e recuperación dos nosos ecosistemas forestais

  • Eco Hortas Escolares

    Promovemos espazos de participación que nos achegan á agricultura ecolóxica e ao desenvolvemento sostible

Acuicultura sostible para enfrontar o cambio climático

A uns 30 minutos da cidade de El Viejo, Chinandega, sitúase a comunidade de Aserradores, moi preto do Golfo de Fonseca, ao oeste de Nicaragua. As familias por décadas sobreviviron das cunchas negras, os punches e os peixes; con todo, atopar peces en alta mar é unha tarefa difícil e arriscada.

Elena del Carmen Martínez, pescadora […]

By | 10 de Novembro, 2020|Novas de Cooperación|Comentarios desactivados en Acuicultura sostible para enfrontar o cambio climático

Terceira Formación Específica do Proxecto Cultivo Biointensivo

Amigos da Terra organiza este domingo 8 de novembro, a terceira das formacións específicas do proxecto “Cultivo biointensivo de alimentos: método agroecolóxico innovador para a adaptación ao cambio climático de hortas familiares e comunitarias”.

O curso, inicialmente previsto de forma presencial que se organizaba na Casa das Palaras, en Tronceda, Castro […]

By | 6 de Novembro, 2020|Novas de Agricultura e Alimentación|Comentarios desactivados en Terceira Formación Específica do Proxecto Cultivo Biointensivo

Amigos da Terra apoia o manifesto para pedir a protección da Cordilleira Cantábrica

O manifesto, que desde Amigos da Terra apoiamos, subliña a necesidade dunha transición ecolóxica na que a implantación das enerxías renovables se realice baixo criterios de minimización do impacto ambiental, de eficiencia e de sostibilidade.

Co lanzamento do manifesto dá comezo a campaña “Aquí non” que pretende evitar que enclaves con altos […]

By | 4 de Novembro, 2020|Sen categorizar|Comentarios desactivados en Amigos da Terra apoia o manifesto para pedir a protección da Cordilleira Cantábrica

Un novo disparate ecolóxico: facer da central de carbón das Pontes unha nova incineradora

Este mes conclúen as novas probas de queima conxunta de carbón e residuos orgánicos na central de carbón de ENDESA nas Pontes. A plataforma “Galiza, un futuro sen carbón”, que as ve como un intento de perpetuar o gran centro de produción de electricidade sucia das Pontes, reclama transparencia verbo dos seus resultados á empresa […]

By | 4 de Novembro, 2020|Sen categorizar|Comentarios desactivados en Un novo disparate ecolóxico: facer da central de carbón das Pontes unha nova incineradora

Enerxía comunitaria: Historias reais e consellos útiles para crear a túa propia comunidade enerxética

A enerxía comunitaria é clave para deixar de contribuír á urxencia climática, para impulsar o desenvolvemento local, para unir á nosa comunidade, para romper co oligopolio enerxético e para moito máis. E con esta guía agora podes impulsar a súa propia comunidade enerxética sen medo. 

A enerxía comunitaria é unha aposta por democratizar a enerxía […]

By | 3 de Novembro, 2020|Novas de Clima e Enerxía|Comentarios desactivados en Enerxía comunitaria: Historias reais e consellos útiles para crear a túa propia comunidade enerxética