Amigos da Terra Cooperación ao desenvolvemento

Amigos da Terra é convidada especial no Foro de Educación Ambiental de Nicaragua

Con máis de 25 anos de militancia en distintos movementos ecoloxistas, Fernando Ramos, experto en comunicación ambiental e membro desta asociación, participa en calidade de experto de Amigos da Terra no “Foro Nacional de Educación Ambiental de Nicaragua”, que se celebra hoxe e mañá na cidade de Granada. Un foro, onde compartirá palestra na conferencia inaugural coa Ministra de Medio Ambiente e Recursos Naturales de Nicaragua (MARENA), Juanita Argueñal.

Ler máis…

Agareso conseguiu entrar en Honduras

Tras dous días de espera no departamento fronteirizo de Chinandega (Nicaragua), os cinco reporteiros de Agareso conseguiron entrar o xoves en Honduras para rematar o traballo planificado en colaboración con Amigos da Terra. A noticia da retirada do toque de queda e a apertura de fronteiras, supuxo unha grande alegría para a expedición, que dependía totalmente da evolución dos acontecementos no país centroamericano.

Ler máis…

A expedición dos reporteiros de AGARESO efectada pola situación de Honduras

Os cinco xornalistas de Agareso (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios) que iniciaron a pasada semana unha expedición para visitar os proxectos que Amigos da Terra está a realizar no Golfo de Fonseca, atópanse nestes momentos na localidade de Tonalá, en Nicaragua, á espera de acontecementos sobre a situación en Honduras, xa que as fronteiras con este país están pechadas.

A noticia da chegada do anterior presidente de Honduras, Manuel Zelaya a Tegucigalpa o pasado luns, caía como unha lousa para os reporteiros, xa que o martes deberían ter viaxado ata Honduras para continuar realizando o seu labor con novas comunidades que reciben axudas dos fondos galegos.

Ler máis…

Agareso visita os proxectos de pesca sostible de Amigos da Terra

Amigos da Terra e a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO) a través dun convenio de colaboración comezan un proxecto de sensibilización que permitirá dar a coñecer o traballo que se leva a cabo no Golfo de Fonseca en temas de pesca artesanal sostible. O primeiro paso dará hoxe mércores ca viaxe de cinco reporteiros rumbo ao Golfo de Fonseca para visitar os proxectos que Amigos da Terra está a desenvolver en Nicaragua, O Salvador e Honduras, tres países que comparten o Golfo de Fonseca, un ecosistema moi importante e moi rico en diversidade biolóxica mariña – costeira.

O obxectivo desta colaboración é sensibilizar á poboación galega e difundir o traballo que Amigos da Terra está a realizar en cooperación ao desenvolvemento con enfoque ambiental no Golfo de Fonseca, sempre coa premisa de que a xestión integrada do medio ambiente é a clave para poder erradicar a pobreza no mundo.

Ler máis…

Amigos da Terra organiza o Curso práctico Cooperación e medio ambiente

cartel_curso_coop.gif

Amigos da Terra como entidade que caracteriza a súa cooperación no enfoque ambiental, queremos contruibuír no fortalecemento do sector galego de cooperación ca organización do Curso Práctico de Cooperación ao Desenvolvemento e Medio Ambiente que ten como obxectivos:

  • Formar as ONGD en Cooperación ambiental
  • Facilitar o intercambio de coñecemento e experiencias entre ONGD e asociación ecoloxistas en temas de cooperación e medio ambiente
  • Contribuír para que o medio ambiente sexa aplicado de xeito transversal na cooperación, tal e como o recolle o Plan Director de Cooperación Galega 2006 – 2009

Podes inscribirte aquí

Páxina anterior »