{"id":15,"date":"2006-01-02T20:56:23","date_gmt":"2006-01-02T19:56:23","guid":{"rendered":"http:\/\/amigosdaterra.net\/info\/cooperacion\/?page_id=15"},"modified":"2006-05-25T09:13:38","modified_gmt":"2006-05-25T08:13:38","slug":"pobreza-cero","status":"publish","type":"page","link":"https:\/\/amigosdaterra.net\/info\/cooperacion\/?page_id=15","title":{"rendered":"Pobreza Cero"},"content":{"rendered":"<p><strong>A importancia dos Obxectivos<br \/>\nde Desenvolvemento do Milenio<br \/>\n<\/strong><\/p>\n<p>Os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM), aprobados na Asemblea Xeral de Naci\u00f3ns Unidas no ano 2000, te\u00f1en promovido sen d\u00fabida un novo pulo \u00e1 cuesti\u00f3n do desenvolvemento que, durante d\u00e9cadas, foi tan debatida en numerosos foros como obviada na execuci\u00f3n das grandes pol\u00edticas internacionais. A presentaci\u00f3n o pasado 17 de xaneiro dunha folla de ruta de Naci\u00f3ns Unidas para acabar coa pobreza puxo en evidencia unha vez m\u00e1is a necesidade urxente de que os pa\u00edses ricos adopten novas pol\u00edticas de d\u00e9beda externa, comercio internacional e Axuda Oficial \u00f3 Desenvolvemento (AOD).<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" alt=\"Campa\u00f1a de Pobreza Cero\" src=\"http:\/\/www.amigosdaterra.net\/info\/cooperacion\/wp-content\/info\/images\/06_Pobreza-cero-01.jpg\" \/><\/p>\n<p>Efectivamente, a Declaraci\u00f3n do Milenio e a sinatura da mesma por parte de 189 Xefes de Estado e de Goberno sup\u00f3n xa un logro que non podemos desprezar, e sobre o que poden fundarse esperanzas reais e concretas de transformaci\u00f3n da actualmente insostible e inxusta situaci\u00f3n mundial.<\/p>\n<p>En primeiro lugar, os ODM supo\u00f1en na s\u00faa formulaci\u00f3n, que as metas propostas (reducir a proporci\u00f3n de persoas pobres ou con fame, reducir taxas de mortalidade infantil e materna, lograr o ensino primario universal para nenos e nenas, aumentar o n\u00famero de persoas con acceso \u00e1 auga potable e o saneamento\u2026) conv\u00e9rtense por primeira vez en obxectivos espec\u00edficos de todo o conxunto de pol\u00edticas internacionais. Os ODM poden darnos a oportunidade de situar a cuesti\u00f3n do desenvolvemento no centro das pol\u00edticas estruturais.<\/p>\n<p>Non hai tanto tempo, que a cuesti\u00f3n do desenvolvemento se consideraba como unha consecuencia l\u00f3xica que chegar\u00eda si se garant\u00eda o crecemento econ\u00f3mico, pero o \u201cderramamento\u201d tan esperado no chegou nunca. M\u00e1is ben, a\u00ednda que o crecemento foi abraiante durante d\u00e9cadas, e as condici\u00f3ns de vida melloraron notablemente, a desigualdade aumentou de xeito dram\u00e1tico at\u00e9 producir unha \u201cfenda\u201d insoslaiable incluso para os m\u00e1is optimistas. O final da guerra fr\u00eda e a ca\u00edda do bloque econ\u00f3mico do Este, fixo posible que durante os noventa se avanzara na construci\u00f3n de espazos multilaterais de entendemento.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" alt=\"Campa\u00f1a de Pobreza Cero\" src=\"http:\/\/www.amigosdaterra.net\/info\/cooperacion\/wp-content\/info\/images\/06_Pobreza-cero-02.jpg\" \/><\/p>\n<p>O pulo, asumido fundamentalmente por Naci\u00f3ns Unidas, permitiu a celebraci\u00f3n de varias cumes tem\u00e1ticas, que abordaron a situaci\u00f3n mundial dende unha perspectiva global. As propostas que sa\u00edron das cumes sobre desenvolvemento sostible, desenvolvemento social, muller, poboaci\u00f3n, infancia, dereitos humanos e alimentaci\u00f3n, esix\u00edan medidas multilaterais e globais de actuaci\u00f3n.<\/p>\n<p>A sinatura e ratificaci\u00f3n das conclusi\u00f3ns ou declaraci\u00f3ns de cada cume por parte dos diferentes Estados foi insuficiente se observamos o grao de cumprimento dos compromisos. A formulaci\u00f3n dos ODM aporta unha visi\u00f3n estruturada da maior\u00eda das cuesti\u00f3ns tratadas, outorgando \u00f3 desenvolvemento o car\u00e1cter multidisciplinar e contemplando as numerosas \u201ccaras\u201d que presenta o fen\u00f3meno da pobreza e a desigualdade.<\/p>\n<p>Por outra banda, os ODM incorporan a definici\u00f3n de metas concretas referidas a un espazo de tempo establecido, na maior\u00eda dos casos para o ano 2015. Establ\u00e9cense unha serie de indicadores para cada unha das metas, que permitir\u00e1n medir os avances ou retrocesos en cada unha das propostas. As\u00ed, o compromiso asinado polos 189 estados supera o car\u00e1cter de compromiso cun discurso ou unha resoluci\u00f3n, e adquire un grao maior de concreci\u00f3n \u00f3 asumir como propios resultados concretos que poder\u00e1n ser medidos en funci\u00f3n dos indicadores e do tempo transcorrido.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" alt=\"Campa\u00f1a de Pobreza Cero\" src=\"http:\/\/www.amigosdaterra.net\/info\/cooperacion\/wp-content\/info\/images\/06_Pobreza-cero-03.jpg\" \/><\/p>\n<p>En setembro de 2005, a Asemblea Xeral de Naci\u00f3ns Unidas ten previsto presentar un informe sobre o grao de cumprimento ou incumprimento respecto \u00f3s ODM. Igualmente esperase que a nova declaraci\u00f3n incorpore un chamamento m\u00e1is espec\u00edfico para reunir m\u00e1is vontades pol\u00edticas. Estamos pois ante un ano especialmente importante para lograr cambios que nos aseguren resultados m\u00e1is satisfactorios.<\/p>\n<p>Actualmente, as tendencias non son demasiado esperanzadoras. T\u00e9\u00f1ense observado alg\u00fans resultados pero moi circunscritos a pa\u00edses como China e India, que pola s\u00faa grande cantidade de poboaci\u00f3n infl\u00faen de xeito decisivo nas proporci\u00f3ns. Por\u00e9n, \u00e9 igualmente certo que a maior parte de \u00c1frica se est\u00e1 quedando estancada, e partes de Am\u00e9rica Latina e Asia Central est\u00e1n experimentando un aumento dos niveis de pobreza en lugar dun descenso. Ademais, os avances rexistrados na China e India ref\u00edrense case exclusivamente \u00e1s \u00e1reas mellor comunicadas e cercanas \u00f3s portos de mar, mentres que as zonas m\u00e1is illadas e rurais presentan datos moito menos alentadores.<\/p>\n<p>Hoxe por hoxe os expertos coinciden en que os problemas do desenvolvemento te\u00f1en soluci\u00f3n, e que os ODM son obxectivos viables dende o punto de vista t\u00e9cnico e econ\u00f3mico. Tan s\u00f3 esixe vontade pol\u00edtica por parte dos Estados. \u00d3s gobernos dos pa\u00edses en desenvolvemento p\u00eddeselles que tomen medidas serias para fortalecer a gobernabilidade, a defensa dos dereitos humanos e especialmente pol\u00edticas de loita contra a corrupci\u00f3n.<\/p>\n<p>Por sorte, e grazas \u00e1 insistencia destes pa\u00edses, a declaraci\u00f3n do milenio finalmente inclu\u00edu o obxectivo oitavo como un m\u00e1is. \u00c9 o que dita cales son as responsabilidades dos pa\u00edses ricos, o que dalg\u00fan xeito, ofrece garant\u00edas de posibilidade de cumprimento \u00f3s dem\u00e1is pa\u00edses.<\/p>\n<p>A\u00ednda que lamentablemente a formulaci\u00f3n do oitavo ODM no incl\u00fae compromisos cuantificados como os dem\u00e1is obxectivos, tres cuesti\u00f3ns aparecen como relevantes: prop\u00f3n o aumento da Axuda Oficial \u00f3 Desenvolvemento, a reduci\u00f3n da D\u00e9beda Externa para os pa\u00edses m\u00e1is pobres, e a mellora das normas internacionais que regulan o comercio para asegurar un trato non discriminatorio \u00f3s pa\u00edses pobres.<\/p>\n<p>A ONU indica que os pa\u00edses ricos deber\u00edan investir a lo menos 195.000 mill\u00f3ns de d\u00f3lares, o que sup\u00f3n practicamente duplicar a axuda mundial que actualmente se est\u00e1 outorgando: pasar do 0,25% do PIB, \u00f3 0,44% en 2006, o que representa a quinta parte do presuposto militar anual (900.000 mill\u00f3ns de d\u00f3lares).<\/p>\n<p>A D\u00e9beda Externa sigue asfixiando a numerosos pa\u00edses de entre os m\u00e1is empobrecidos. Iniciativas encami\u00f1adas \u00e1 cancelaci\u00f3n da d\u00e9beda externa, especialmente para estes pa\u00edses deben ser tidas moi en conta.<br \/>\nPero, probablemente a \u201cchave do tesouro\u201d pode atoparse nos avances que se logren nos aspectos relativos \u00f3 sistema normativo para o comercio internacional. \u00c9 indubidable que abrir oportunidades \u00e1s econom\u00edas do sur para que te\u00f1an menos dificultades en exportar os seus produtos pode permitir maiores cotas de crecemento m\u00e1is sostibles no tempo. O acceso para os pa\u00edses en desenvolvemento \u00f3s espazos de toma de decisi\u00f3n na Organizaci\u00f3n Mundial do Comercio, en condici\u00f3ns de non discriminaci\u00f3n, \u00e9 unha tarefa por cumprir que non pode pospo\u00f1erse por m\u00e1is tempo.<br \/>\nA car\u00f3n do avance da globalizaci\u00f3n econ\u00f3mica neoliberal, tense producido un interesante fen\u00f3meno de fortalecemento do car\u00e1cter global dos movementos sociais. A axenda da sociedade civil coordinouse e atopou elementos de consenso que est\u00e1n vehiculando numerosas reivindicaci\u00f3ns e cambios importantes en cuesti\u00f3ns de car\u00e1cter pol\u00edtico. A presenza cada vez maior deste movemento plural e diverso nos estados de opini\u00f3n das sociedades sup\u00f3n unha presi\u00f3n moi significativa na vontade dos pol\u00edticos.<\/p>\n<p>A Alianza polo Desenvolvemento que reclama o oitavo ODM non \u00e9 s\u00f3 unha alianza intergubernamental, que poucas garant\u00edas ofrecer\u00eda. Neste senso \u00e9 fundamental o papel das organizaci\u00f3ns sociais en tanto en canto poidan asumir os ODM como un reto desexable. \u00c9 certo, que para as organizaci\u00f3ns sociais os ODM son limitados e tan s\u00f3 representan alg\u00fans avances respecto \u00e1s s\u00faas reivindicaci\u00f3ns hist\u00f3ricas, pero \u00e9 igualmente certo que se no ano 2015 se logran cumprir os ODM tal e como est\u00e1n formulados, ser\u00e1 o mellor indicador de que se producen transformaci\u00f3ns profundas na estrutura mundial que logran reverter o agravamento da situaci\u00f3n.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A importancia dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio Os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM), aprobados na Asemblea Xeral de Naci\u00f3ns Unidas no ano 2000, te\u00f1en promovido sen d\u00fabida un novo pulo \u00e1 cuesti\u00f3n do desenvolvemento que, durante d\u00e9cadas, foi tan debatida en numerosos foros como obviada na execuci\u00f3n das grandes pol\u00edticas internacionais. A presentaci\u00f3n [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"parent":0,"menu_order":6,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","template":"","meta":{"footnotes":""},"class_list":["post-15","page","type-page","status-publish","hentry"],"jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/amigosdaterra.net\/info\/cooperacion\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/pages\/15","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/amigosdaterra.net\/info\/cooperacion\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/pages"}],"about":[{"href":"https:\/\/amigosdaterra.net\/info\/cooperacion\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/page"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/amigosdaterra.net\/info\/cooperacion\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/amigosdaterra.net\/info\/cooperacion\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=15"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/amigosdaterra.net\/info\/cooperacion\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/pages\/15\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/amigosdaterra.net\/info\/cooperacion\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=15"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}