{"id":91,"date":"2007-03-21T11:11:04","date_gmt":"2007-03-21T10:11:04","guid":{"rendered":"http:\/\/amigosdaterra.net\/info\/cooperacion\/?p=91"},"modified":"2007-03-21T15:05:54","modified_gmt":"2007-03-21T14:05:54","slug":"a-xunta-aproba-o-plan-anual-de-cooperacion-para-o-desenvolvemento-2007","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/amigosdaterra.net\/info\/cooperacion\/?p=91","title":{"rendered":"A Xunta aproba o Plan Anual de Cooperaci\u00f3n para o Desenvolvemento 2007"},"content":{"rendered":"<div align=\"left\">O <strong>Consello da Xunta<\/strong> do pasado xoves d\u00eda 15, deu o visto e prace \u00e1 proposta do <em><strong>Plan anual de cooperaci\u00f3n para o desenvolvemento 2007<\/strong><\/em>, elaborado pola <strong>Direcci\u00f3n Xeral de Cooperaci\u00f3n Exterior<\/strong>. O programa, que forma parte do <strong>I Plan director 2006-2009<\/strong>, <strong>incl\u00fae un incremento orzamentario do 40% respecto ao exercicio anterior<\/strong>, o <strong>que sup\u00f3n que practicamente o 0,1 do orzamento do Goberno galego<\/strong> se dedicar\u00e1 \u00e1 cooperaci\u00f3n internacional.<\/div>\n<p>Do orzamento total, que \u00e9 de 9,3 mill\u00f3ns de euros, un <em>67,7% destinarase a convocatorias p\u00fablicas<\/em> de axudas dirixidas a proxectos de cooperaci\u00f3n no exterior; <em>un 21,8% achegarase ao cofinanciamento de proxectos de cooperaci\u00f3n, formaci\u00f3n e sensibilizaci\u00f3n<\/em>; un <em>7,5% ir\u00e1 dirixido ao financiamento de proxectos conxuntos coa AECI<\/em> a trav\u00e9s do Plan Operativo Xunta-AECI 2007-2008 e un <em>3,3% ser\u00e1 para actividades de difusi\u00f3n da cooperaci\u00f3n galega: p\u00e1xina web, campa\u00f1a de comunicaci\u00f3n e publicaci\u00f3ns, entre outras acci\u00f3ns.<\/em><\/p>\n<p>O documento aprobado foi consensuado e aprobado polos tres \u00f3rganos galegos establecidos na Lei galega de cooperaci\u00f3n: a Comisi\u00f3n Interdepartamental de Cooperaci\u00f3n ao Desenvolvemento (Cincode), a Comisi\u00f3n Interterritorial de Cooperaci\u00f3n para o Desenvolvemento (Cintercode) e o Consello Galego de Cooperaci\u00f3n para o Desenvolvemento (Congacode).<\/p>\n<p>O plan recolle para o presente ano o mantemento das iniciativas postas en marcha o pasado ano, xa que se trata de obxectivos para lograr a longo prazo. Entre estas metas, \u00e9 preciso subli\u00f1ar a <strong>sensibilizaci\u00f3n e educaci\u00f3n para o desenvolvemento<\/strong>, o <strong>fortalecemento do sistema de cooperaci\u00f3n galega<\/strong> e tam\u00e9n o <strong>apoio ao comercio xusto<\/strong>, todos eles considerados eidos de especial atenci\u00f3n.<br \/>\n<!--more--><br \/>\n<em><strong>No 2007 priorizaranse catro dos sete obxectivos do I Plan director:<\/strong><\/em><\/p>\n<p>\u00b7          a mellora da calidade t\u00e9cnica e operativa do sector<\/p>\n<p>\u00b7          a ampliaci\u00f3n e ordenaci\u00f3n dos instrumentos da cooperaci\u00f3n galega<\/p>\n<p>\u00b7          a implicaci\u00f3n e procura de sinerx\u00edas cos sectores galegos con experiencia de valor para a cooperaci\u00f3n<\/p>\n<p>\u00b7          a elaboraci\u00f3n de estratexias para as prioridades da cooperaci\u00f3n galega.<\/p>\n<p>Entre os sectores galegos que poden achegar m\u00e1is valor na transferencia de co\u00f1ecementos destacan a xesti\u00f3n da sa\u00fade, da educaci\u00f3n e a xesti\u00f3n integral dos recursos naturais e o ambiente.<\/p>\n<p>Por \u00faltimo, establ\u00e9cese tam\u00e9n como <strong>prioritario destinar un m\u00e1ximo do 70% dos recursos da cooperaci\u00f3n aos 17 pa\u00edses considerados prioritarios e a elaboraci\u00f3n para cada un deles dun documento de estratexia de intervenci\u00f3n. Tal e como quedou recollido no Plan director estes estados son: Per\u00fa, Bolivia, Ecuador, en Am\u00e9rica do Sur; Guatemala, Nicaragua, Honduras e El Salvador, en Centroam\u00e9rica; Cuba, Rep\u00fablica Dominicana e Hait\u00ed, no Caribe e Angola, Cabo Verde, Guinea-Bissau, Mauritania, Mozambique, Namibia e Senegal, en \u00c1frica.<\/strong><\/p>\n<p><strong>O Consello da Xunta tam\u00e9n ven de aprobar un total de 3.720.000 euros que se van destinar a subvencionar proxectos de cooperaci\u00f3n ao desenvolvemento no exterior promovidos por ONGD durante os dous pr\u00f3ximos anos.<\/strong><\/p>\n<p><strong>Da cantidade total, 2.232.000 euros corresponder\u00e1n ao ano 2007 e para 2008 est\u00e1 previsto destinar o 1.448.000 restante.<\/strong><\/p>\n<p>O obxectivo deste paquete de subvenci\u00f3ns \u00e9 regular a concesi\u00f3n de subvenci\u00f3ns a trav\u00e9s dun procedemento de concorrencia competitiva \u00e1s ONGD para axudar \u00e1 execuci\u00f3n dos seus proxectos no exterior.<\/p>\n<p><strong>A Xunta de Galicia poder\u00e1 financiar ata un 95% do orzamento total do proxecto, sen superar en ning\u00fan caso os 160.000 euros. Nos proxectos de varias entidades, a subvenci\u00f3n poder\u00e1 chegar ata os 350.000 euros.<\/strong><\/p>\n<p>Ter\u00e1n prioridades os proxectos que fagan referencia \u00e1 <strong>cobertura de necesidades sociais b\u00e1sicas<\/strong>; <strong>infraestrutura e promoci\u00f3n do tecido econ\u00f3mico<\/strong>, en especial o de <strong>comercio xusto<\/strong>; <strong>participaci\u00f3n social<\/strong>; <strong>investimento no ser humano e protecci\u00f3n e mellora do ambiente<\/strong>. Tam\u00e9n ter\u00e1n prioridade aqueles con maior n\u00famero de beneficiarios e os <strong>que atendan a infancia e a muller<\/strong>.<\/p>\n<p>Ademais, durante os pr\u00f3ximos dous anos, tam\u00e9n se destinar\u00e1n 300.000 euros a financiar subvenci\u00f3ns para consolidaci\u00f3n e fortalecemento das ONGD. Esta convocatoria prev\u00e9 contribu\u00edr \u00e1 formaci\u00f3n t\u00e9cnica do persoal, socios e voluntarios das ONGDs, mediante o financiamento de seminarios, obradoiros e cursos. Primarase a formaci\u00f3n arredor da mellora da xesti\u00f3n das ONGD, sobre os diferentes aspectos t\u00e9cnicos das fases dun proxecto de desenvolvemento e verbo de t\u00e9cnicas de comunicaci\u00f3n externa ou de relaci\u00f3n con medios de comunicaci\u00f3n.<\/p>\n<p>As\u00ed mesmo, terase especialmente en conta o dese\u00f1o e a realizaci\u00f3n de campa\u00f1as e actividades de sensibilizaci\u00f3n, educaci\u00f3n para o desenvolvemento, comercio xusto, consumo responsable e incidencia social, e valoraranse especialmente as estratexias que recollan a realizaci\u00f3n de actuaci\u00f3ns no medio rural.<\/p>\n<p>O Diario Oficial de Galicia publicar\u00e1 estas convocatorias nos pr\u00f3ximos d\u00edas.<\/p>\n<p align=\"right\"><em>Fuente: Xunta de Galicia <\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Consello da Xunta do pasado xoves d\u00eda 15, deu o visto e prace \u00e1 proposta do Plan anual de cooperaci\u00f3n para o desenvolvemento 2007, elaborado pola Direcci\u00f3n Xeral de Cooperaci\u00f3n Exterior. O programa, que forma parte do I Plan director 2006-2009, incl\u00fae un incremento orzamentario do 40% respecto ao exercicio anterior, o que sup\u00f3n [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":"","jetpack_publicize_message":"","jetpack_publicize_feature_enabled":true,"jetpack_social_post_already_shared":false,"jetpack_social_options":{"image_generator_settings":{"template":"highway","default_image_id":0,"font":"","enabled":false},"version":2}},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-91","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-actualidade"],"jetpack_publicize_connections":[],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/amigosdaterra.net\/info\/cooperacion\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/91","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/amigosdaterra.net\/info\/cooperacion\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/amigosdaterra.net\/info\/cooperacion\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/amigosdaterra.net\/info\/cooperacion\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/amigosdaterra.net\/info\/cooperacion\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=91"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/amigosdaterra.net\/info\/cooperacion\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/91\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/amigosdaterra.net\/info\/cooperacion\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=91"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/amigosdaterra.net\/info\/cooperacion\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=91"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/amigosdaterra.net\/info\/cooperacion\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=91"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}