Amigos da Terra lanza unha nova Campaña “Un café Xusto, Por Favor”
A sociedade actual cegada por un destrutivo consumismo disfrazado polas multinacionais como camiño para acadar o tan desexado estado de Benestar, acaba por xerar necesidades e incrementar as diferenzas Norte-Sur.
A campaña “Un café xusto por favor” xurde dende Amigos da Terra coa idea de rescatar e impulsar novas iniciativas na procura de conseguir que bares, cafés, locais sociais e culturais, ofrezan a posibilidade de consumir café, infusión e cacao de comercio xusto.
Ademais de facilitar o consumo de produtos alternativos e de gran calidade, favorecendo que produtores/as de países en vías de desenvolvemento teñan unha vida digna; Esta campaña ten como obxectivo informar e sensibilizar á sociedade da transcendencia e necesidade dun consumo responsable.
“Un café xusto por favor”, cada vez que digas esta frase estarás contribuíndo a erradicar a explotación infantil, estarás devolvéndolle a dignidade a unha muller, respectando unha cultura indíxena, evitando a contaminación do entorno e o esgotamento dos recursos naturais, etc…
Participa na Campaña consumindo, divulgando ou adheríndote a lista de locais colaboradores de “Un café xusto por favor”.