Amigos da Terra Cooperación ao desenvolvemento

Arquivo de Novas Xullo, 2006

A Unión Europea carece dunha Estratexia Medioambiental na Cooperación ao Desenvolvemento

O Tribunal de Contas puxo en marcha, en 2005 unha investigación para determinar se a Comisión Europea dispoñía dunha Estratexia global para abordar os aspectos medioambientais da súa cooperación ao desenvolvemento e se había adoptado os dispositivos de xestión necesarios para aplicar dita estratexia.

O tribunal de Contas Europeo concluíu que o Executivo comunitario carece dunha estatexia ambiental global que guíe adecuadamente a súa cooperación ao deselvolvemento e recomendou establecela sobre a base do novo enfoque adoptado en 2005, para a súa política de desenvolvemento. Ademáis recomenda que faga efectiva a integración do medio ambiente na súa axuda fianciera directa e que mellore a eficacia dos proxectos ambientais.

E por iso que dende a experiencia que ten Amigos da Terra  en cooperación con enfoque medioambiental debe contribuir a que este tema poida ser incluida verdadeiramente nas estratexias de cooperación tanto da Unión Europea como nas adminitracións públicas españolas.

documento: Aspectos Medioambientais da Cooperación ao Desenvolvemento 2006

Amigos da Terra Participa na Primeira Semana Solidaria en As Pontes, A Coruña

Amigos da Terra Cedeira participará este xoves 13 de xullo na Primeira Semana Solidaria que organiza o Concello de As Pontes, nesta habera unha caseta informativa onde presentaremos os proxectos de cooperación que se desenvolven en Latinoamérica. 

O Concello de As Pontes comenta que A Semana Solidaria e unha chamada á solidaridade e a promover unha sociedade máis xusta. Así como unha oportunidade para que as ONG,s intercambien experiencia e coñecemento, poidan dar a coñecer o seu traballo.

Se queres coñecer máis de preto o que fai Amigos da Terra achegate ata o Parque Municipal de As Pontes a partires da 16.30 ata 20:30.

Amigos da Terra participa nunha Mesa de Discusión sobre o Obxectivo de Desenvolvemento Nº7

O día 8 de septembro do ano 2000, a Cume do Milenio reunía na sé da Organización de Nacións Unidas en Nueva York a 189 Xefes de Estado e de Goberno, co fin de transmitir a mensaxe clara de que a erradicación da pobreza mundial debía ser unha prioridad para todas as nacións. Este espírito reflectiuse na Declaración do Milenio que asinaron todos os asistentes ao cume, e que constitúe fundamentalmente un firme compromiso cos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio que pretendense acadar no 2015.

E por is que O Fondo Galego de Cooperación e Solidaridade covidanos a participar á Reviravolta Por un desenvolvemento Sostible, encadrada na campaña “Voces de Aquí e de Alá revirando o Milenio”, que xira aredor dos Obxectivos do Milenio, así como nunha mesa de discusión entre asociacións que traballan no tema medioambiental, na que se discutirá o obxectivo numero 7.

Este obectivo trata de Garantir a sostenibilidad do medio ambiente a través de integrar os principios de desenvolvemento sostible nas políticas e programas dos países, e de reducir a metade a porcentaxe de persoas que carece dun acceso sostible a auga potable segura.

O aporte de Amigos da Terra a este obxectivo e a forma na que se fan os proxectos de cooperación ao desenvolvemento nos cales imprimese o toque ambiental o máis ben integral que inclue mellora das condicións da calidade de vida das poboacións menos desenvolvidas, mellora das condicións ambientais, e mellora das infraestructuras. Por esta razón e moi importante que a nosa organización participe xa que estamos seguros que a única forma de combater a pobreza no mundo e mellorando as condicións ambientais das comunidades.

A Reviravolta terá lugar en Allaríz, este xoves 13 as 20:30, no Centro Social O Portelo e a mesa de discusión será as 18:30.