Amigos da Terra Cooperación ao desenvolvemento

Arquivo de Novas Abril, 2007

Candidata Pobreza Cero: Iniciativa Solidaria cara as Municipais de Maio

pobrezacero-7-mayo-G.gif

Desde a Coordinadora estase promovendo unha Iniciativa Solidaria que é a de realizar unha labor de incidencia política en relación coas eleccións municipais que terán lugar o vindeiro 27 de maio. Isto supón, continuar co labor de interlocución e incidencia que se leva a cabo ante a Xunta de Galicia e que cremos ten dado resultados positivos, como se manifesta no aumento de fondos que destina a Xunta para cooperación internacional, e que este ano 2007 pode acadar a cifra histórica do 0,1% dos orzamentos da Xunta de Galicia.

Nos concellos e deputacións de Galicia, a situación, lamentablemente, e moito peor, e salvo casos puntuais como o concello de Oleiros, non hai un esforzo decidido nin un compromiso para aumentar as aportacións destinadas á cooperación internacional.

A idea e cambiar esa tendencia e a través dunha acción coordinada, similar á implementada o pasado sábado 21 de outubro, onde houbo accións en 5 cidades galegas reclamando maior esforzo na loita contra a pobreza no mundo. É por iso que se fixo unha Valoración dos Programas Marco dos principais partidos políticos (PP, PSOE, IU e BNG) e súa implicación para acabar coa pobreza, os resultados presentarase o día 07 de maio nunha Rolda de Prensa no Club Internacional de Prensa en Santiago de Compostela (Avenida da Coruña 6, baixo) ás 11:30h.
Deste xeito, tras a presentación oficial en Santiago da Candidata Virtual Pobreza Cero, realizaríamos de forma conxunta e coordinada en cada cidade Galega ás 13:00 horas un acto simbólico de presentación das nosas propostas aos partidos políticos, para mellorar a cooperación ao desenvolvemento descentralizada dos nosos concellos.

Este acto, debe ser artellado e organizado polo grupo de organizacións que se xunten en cada cidade.

Para coordinadora os actos en cada cidade existe unha organización de referencia coa que teriades que poñervos en contacto para aportar ideas para realizar no acto e para coordinarvos:

  • A Coruña: Intermón Oxfam.
  • Ferrol: Axuda en Acción e Acción Social Néboa
  • Lugo: A Cova da Terra.
  • Ourense: Amigos da Terra.
  • Pontevedra: Amarante.
  • Santiago: Coordinadora Galega de ONGD

Se estades interesado en unirvos a esta inicativa contacta co calquera destas organizacións.

Acabar coa pobreza é unha reponsabilidade de todos e todas!!!