Amigos da Terra Cooperación ao desenvolvemento

Villa El Carmen

Xestión local para a promoción de grupos vulnerables e mellora das condicións do medio ambiente nos municipios de Villa El Carmen e San Rafael do Sur.

O Municipio de Villa El Carmen está ubicado no sector Central do Pacífico nicaragüense. Aínda que esta moi cerca da capital da República, as condicións de pobreza e baixos niveis de vida son característicos tanto nas áreas urbanas como nas rurais o que coloca á poboacion local nunha situación de vulnerabilidade social, económica e ambiental.

Os gobernos locais, como institucións cunha gran responsabilidade na reversión desta situación, encontranse unha problemática moi difícil xa que teñen escasez de recursos económicos e humanos.

A estratexia do proxecto é o fortalecemento das institucións e organizacións locais para que sexa posible asegurar a continuidade do proxecto.

As actividades do proyecto centranse en tres eixes fundamentais:

Alternativas económicas de grupos altamente vulnerables.
Un grupo altamente vulnerable son os carboneiros (organizados baixo a asociación APROCAFOR) Por iso, apoiarase este grupo para que realicen a sua actividade productiva dunha forma económica e ambientalmente sostible, de acordo coa lexislación vixente.

Villa El Carmen

Se establecerán plantacións forestais enerxéticas; capacitarase á Directiva da asociación sobre temas organizativos e administrativos para un correcto funcionamento. Tamén facilitaranse reunións periódicas coas autoridades locais implicadas na actividade económica (Alcaldía, INAFOR, MARENA) e realizaranse intercambios de experiencias con outros grupos de carboneiros organizados.

Fortalecemento institucional e organizativo local.
Neste compoñente ampliarase o acompañamento á Alcaldía de Villa El Carmen no seu esforzo por asumir con responsabilidade a problemática ambiental do Municipio. Para elo capacitaránse os técnicos ambientales e a Comisión Ambiental Municipal (CAM).

Villa El Carmen

Tamén realizaráse unha Evaluación Ecolóxica Rápida e un estudio para a identificación de grupos vulnerables no municipio.

Mellora das condicións ambientais.
Este compoñente dará seguemento aos procesos de restauración e uso adecuado dos recursos naturais que veñen desenvolvendose ata o momento.

Villa El Carmen

Para elo continuarase o proceso de restauración de concas hidrográficas e áreas críticas e a mellora na xestión de residuos no municipio de Villa El Carmen.

Tamén realizararanse xornadas de reforestación en áreas identificadas no Plan de Restauración Ambiental de Villa El Carmen.

O proxecto beneficiara aredor de 15.000 persoas entre eles, mestres, técnicos ambientais, alumnos, así como mulleres xefas de familias.