Amigos da Terra Cooperación ao desenvolvemento

Sensibilización

Xornadas itinerantes de sensibilización: “Enfoque de sostibilidade, chave para os proxectos de cooperación ó desenvolvemento”

Acadar o desenvolvemento sostible é un asunto mundial e é fundamental que sexa comprendido pola sociedade en xeral. Aínda que as accións e os éxitos nacionais son importantes, só poden ser contemplados como contribucións parciais ó problema mundial.

Pave the way

O desenvolvemento sostible precisa dunha ampla base de apoio e converterse nunha preocupación xeral. A resolución deste problema non debe deixarse somentes en mans dos grupos especializados. Haberá que desenvolver estratexias para buscar solucións que inclúan o máis amplo grupo posible de persoas. Un dos desafíos máis importantes que afrontan quen traballan polos cambios de atitude e pola educación sobre o desenvolvemento sostible é asegurarse de que non é percibido somentes coma un asunto do medio ambiente.

De maneira que a idea de sostibilidade implica o bo uso dos recursos humanos e naturais. Deste xeito, o que se persegue co desenvolvemento non é o crecemento económico ilimitado, senón a elevación dos indicadores de calidade de vida, a través da correta xestión de ditos recursos para garantir un presente e un futuro no que os seres humanos poidan vivir con plenitude e equilibrio co medio ambiente.

Nun contexto global, o uso sostible dos recursos no Sur, exportador de materias primas, está intimamente vinculado ós patróns de consumo das persoas que viven no Norte.

Por isto debemos traballar polo desenvolvemento sostible tamén os países “ricos” ou “industrializados”, favorecendo un cambio de atitude e comportamento nesta direción. De cotío empréganse moi poucos recursos para divulgar no norte a problemática do sur e para sensibilizar á poboación ó respeto. Por iso é importante que en cada proxecto sempre haxa partida á educación para o desenvolvemento e á sensibilización social no noso país.

Sensibilización

Foi por iso que Amigos da Terra se plantexou a realización dunhas xornadas itinerantes sobre cooperación con enfoque medioambiental para chegar ó maior número posible de persoas, e que fosen de todos os niveis, para poder lograr ese cambio de atitude que tanto está esixindo o mundo actual e sobre todo os que o que o padecen, que son os países máis vulnerables ós problemas de hoxe en día, como a pobreza, a fame, a explotación dos recursos naturais, etc.  Dende o punto de vista de Amigos da Terra pensamos que é necesario que a xente dos países desenvolvidos se persoe e se decate que tamén son corresponsables do modelo de desenvolvemento actual, que trae consigo situacións de desigualdade e que nos leva a consumir máis recursos dos que deberíamos.

O Obxectivo principal do proxecto era sensibilizar a diferentes grupos sociais de Galicia, a través dos distintos proxectos de cooperación que Amigos da Terra ten realizado en Latinoamérica co enfoque medioambiental e integral (desenvolvemento social, económico e ambiental) que nos caracteriza, ademais presentabamos o comercio xusto coma unha alternativa de cooperación local, a través de explicar en que consistía este tipo de comercio, os seus obxectivos e onde podíamos atopalo, así como degustación de produtos, para acercar á xente á calidade dos mesmos, deste xeito logramos favorecer un cambio de atitude e comportamento cara ós países empobrecidos.

Realizáronse 34 charlas dirixidas a diferentes grupos sociais, Casa da Xuventude, Centros sociais, Universidades, Institutos, Colexios, Deputacións, terceira idade, discapacitados e ó público en xeral. As cidades participantes: Ourense, Ribadavia, Allariz, Boiro, Redondela, Santa Cristina (Coruña), Xinzo de Limia, Monforte de Lemos, Carballiño, Maceda, Arzúa, Santiago, Verín, Lalín, Barco de Valdeorras, Celanova, Cea, A Estrada, Ponteareas, o total de persoas asistentes ás charlas foi de 500 cunha media por charla de 10 persoas. A dinámica que se empregaba era presentar a Amigos da Terra, as súas áreas de traballo e sobre todo enfocar porque é importante a área de cooperación, porque se Amigos da Terra se diferencia doutras ONG´s é en canto á liña ambiental que introduce nos seus proxectos, como facer a cooperación para que sexa efectiva e como cambiar o modelo de desenvolvemento actual que permite que existan tantas desigualdades. Ademais presentabamos o comercio xusto como unha alternativa de cooperación local e degustación de produtos.

Colocáronse mesas informativas na rúa do paseo de Ourense, onde tiñamos a oportunidade de informar á xente sobre cooperación e sobre comercio xusto e facer degustacións.

Documento PDFDocumento Paneis de Sensibilización PDF 3.49 MB
Documento PDFDocumento Cuadríptico Cooperación en Amigos da Terra PDF 334 KB