Política de Cooperación de Amigos da Terra
Política de amigos da terra nos seus proxectos de cooperación
- 1. Cooperación e non intervención, sempre baseada no respecto dos dereitos e opinións das comunidades locais.
- 2. Visión plural de desenvolvemento: crecemento económico, igualdade, participación social, sostibilidade ambiental e interculturalidade.
- 3. Igualdade social e interxeracional como un obxectivo constante da nosa cooperación.

- 4. Unha visión a medio prazo en tódalas accións, escapando do carácter cortoplacista dos proxectos.
- 5. Pluralidade en canto os actores e busca de sinerxía que fortalezan o proceso.
- 6. Promoción do traballo feito nos países en desenvolvemento, a través da sensibilización na nosa sociedade.
- 7. Creación das capacidades locais e incorporación efectiva real dos beneficiarios.