Amigos da Terra participará no VIII Foro de ONG,s
Amigos da Terra por segundo ano consecutivo participa no Foro de ONG,s que organiza o Concello de Santiago de Compostela que celebrarase o sábado 27 de xaneiro, no Centro Comercial da Área Central das Fontiñas,a partir das 11:00 a.m.
O Foro de ONG, s é un espazo no cal as Orgnizacións que traballan no eido da Cooperación, o Comercio Xusto e outros poidan darllos a coñecer para que a poboación se sensibilice e solidarice coas poboacións menos favorecidas, ademáis cada unha das organizacións que pariticipan contan cun área de voluntariado, na que podes participar.
Se queres coñecer máis sobre Amigos da Terra e participar nas súas actividades de voluntariado, achégate!!! ao Foro de ONG,s.