Amigos da Terra Cooperación ao desenvolvemento

Arquivo de Novas Xullo, 2007

A Dirección Xeral de Cooperación recoñece o traballo en Cooperación de Amigos da Terra

O pasado 30 de xullo a Dirección Xeral de Cooperación fixo pública as Resolucións das Convocatorias dos Proxectos de Cooperación no exterior, de sensibilización e de fortalecemento na que adxudicou este ano 5.170.454 ao financiamento de 83 proxectos, o que supón un incremento de preto do 20% con respecto ao ano anterior.

O traballo de Amigos da Terra foi recoñecido, xa que fumos beneficiados con tres proxectos, un de fortalecemento que ten como obxectivo a implementación do Plan Estratéxico de Amigos da Terra, así como a promoción da área de cooperación, a través dun Plan de difusión e comunicación; dous Proxectos de Cooperación no Exterior uno para o Salvador e outro para Nicaragua, os proxectos se desenvolveran na zona do Golfo de Fonseca de ambos países, o obxectivo que se pretenden acadar é a construción da integración do Golfo de Fonseca desde a poboación máis desprotexida da rexión partendo da protección e aproveitamento dos recuros marinos-costeiros, o obxectivo cumprirase a través da realización de varios compoñentes entre eles: Fortalecemento das bases organizativas, investigación e protección dos recursos marinos-costeiros, implementación dun programa para a conservación e explotación sostible, desenvolvemento de programas de vixiancia e control.

Amigos da Terra é a única asociación a nivel de Galicia que desenvolve proxectos cun claro enfoque ambiental, porque partimos da base que o Medio Ambiente é a clave para poder erradicar a pobreza no mundo, por iso queremos ser o referente para outras organizacións e que entendan que non podemos combatir a pobreza sen antes abordar os problemas ambientais.