Amigos da Terra Cooperación ao desenvolvemento

Mangles

Proxecto Produtivo Cultivo Camarón de Mar para a Desmobilización dos Cortadores de Mangle no Estero Real e Golfo de Fonseca.

O Golfo de Fonseca atópase ubicado na Costa Pacífica do Istmo Centroamericano, e é compartido por tres países: Nicaragua, El Salvador e Honduras.
En Nicaragua, o Golfo de Fonseca aparece dentro da rexión Nor-Ocidental, Departamento de Chinandega, onde se está a sufrir unha forte presión sobre os recursos naturais froito da crecente poboación ubicada en torno ó Golfo e pola falla de alternativas económicas e a crise do sector agrícola.

Estero Real

Os Municipios de Puerto Morazán, El Viejo e Somotillo, sobre as ribeiras da Reserva Natural do Estero Real (Humedal de importancia internacional) posúen unha das densidades de poboación máis elevadas do país; así mesmo atópanse dentro do rango de elevada pobreza segundo o Mapa de Pobreza de Nicaragua, elaborado polo Instituto Nicaragüense de Estadísticas y Censos (INEC).

A deforestación indiscriminada das zonas de manglar na zona do Estero Real, verdadeiros produtores e reservorios dos recursos pesqueiros, teñen situado á poboación nunha situación de grande vulnerabilidade ambiental e socio – económica. Isto débese a que os niveis de produción de especies de interese comercial do ecosistema ten decaído nos derradeiros anos, ademais da crise agrícola que sofre toda a rexión. Debido á conectividade entre todas as zonas da rexión, que constitúe un verdadeiro sistema de áreas naturais, tamén se pon en risco o equilibrio de todo o Golfo. Hai que mencionar que esta zona está considerada como zona prioritaria do Corredor Biolóxico Mesoamericano (CBM).

A estratexia identificada polas poboacións e gobernos locais representa a creación de alternativas económicas sostibles, revertendo os actuais procesos dos recursos naturais. Dentro destas liñas xerais, insértase o proxecto, apostando por unha desmobilización dos cortadores de manglar e as súas familias para que estes abandonen gradualmente a actividade extractiva, e se poidan favorecer deste xeito a rexeneración natural e rehabilitación de ditos ecosistemas. Esta desmobilización produtiva orientarase cara á actividade do cultivo de camarón de mar.

Traslado de larva de camarón

O proxecto será unha primeira fase piloto que traballará directamente coa Alcaldía de Puerto Morazán, e nas comunidades de Tonalá e Luis Andino. O goberno local, o Ministerio del Ambiente e o Sector Mangle manifestaron o seu compromiso con este proceso de desmobilización que o proxecto iniciará. Para iso traballará en tres compoñentes:

Organización productiva:
Como parte da estratexia de enfrontamento da destrución do bosque de manglares, prevese un proceso de organización produtiva dos cortadores de mangle. Nun primeiro momento organizaranse como grupo, e en diferentes equipos de traballo para ordenar a actividade produtiva na que se inserirán: cultivo de camarón de mar. Posteriormente serán integrados na Federación de Camaroneros del Estero Real xa existente.

Creación da Unidade de Producción Camaroneira:
LOs cortadores de mangle desmobilizados serán beneficiados co equipamento mínimo para iniciar as actividades de cultivo camarón de mar.
Por unha banda dotaranse dos materiais precisos e do financiamento para a construción dun estanque de 20 hectáreas e por outro lado crearanse as condicións para o posterior acopio da produción. Hai que mencionar que a contrapartida dos beneficiarios e da Alcaldía será de importancia neste compoñente.

Capacitación:
Outro aspecto clave que o proxecto tratará de fortalecer son os recursos humanos. Así, as capacitacións planificadas e a elaboración e difusión dun manual de boas prácticas de produción camaroneira pretenden inserir ós desmobilizados na actividade camaroneira con boas prácticas e as capacidades suficientes para asegurar a rendibilidade da mesma, para isto capacitarase ós beneficiarios en cooperativismo e administración de microempresas. Unha vez que a unidade familiar logre autososterse coa actividade camaroneira, a desmobilización terá concluído con éxito.

Compuerta de madera

Por último, debido a que este proxecto constitúe o primeiro paso nun proceso complexo de desmobilización, realizarase un esforzo importante na avaliación e monitoreo de cada unha das fases de execución. A partires da análise do proceso, realizarase unha sistematización da experiencia que sirva como base para a reubicación total de tódolos cortadores de mangle.
Os beneficiarios directos do proxecto constitúen en primeiro lugar o 10% dos cortadores permanentes do mangle, (10 cortadores permanentes de mangle e as súas familias), ubicadas nas comunidades de Luis Andino e Tonalá, comunidades do Municipio de Puerto Morazán.

A actividade de extracción do mangle no Estero Real e Golfo de Fonseca, ocorre na zona costeira dos cinco municipios adxacentes ó Estero Real e Golfo de Fonseca, concentrándose nos Municipios de Puerto Morazán, El Viejo e Somotillo. Esta actividade ocorre ó longo do complexo estuarino, a través dos seus ramais e marismas, sendo executada por aproximadamente 150 persoas, das que unhas 100 fano de xeito permanente e el resto de xeito eventual; debido ó incremento da desocupación, familiares dos cortadores de mangle se téñense ido incorporando a esta actividade.

[10-10-2006 Informe Final do Proxecto. Documento PDF.]
[10-10-2006 Informe Final do Proxecto. Documento Word.]