Amigos da Terra suscribe un convenio de cooperación co Ministerio de Medio Ambiente de Nicaragua
Os programas de cooperación internacional en Amigos da Terra inicia no ano 1994. A preocupación da nosa organización pola conservación dos recursos naturais das áreas protexidas do Sistema Nicaraguano de Áreas Protexidas (SINAP), permite unha colaboración estreita co Ministerio de Medio Ambiente y Recursos Naturales (MARENA) desde o inicio do noso accionar no país centroamericano.
Toda a labor concentrouse na firma dun convenio de colaboración MARENA – Amigos da Terra no ano 1999, que institucionalizaba o traballo conxunto na Reserva da Biosfera deRío San Juan, no Sureste de Nicaragua. Para dar continuidade aos acordos subscritos a finais da década dos 90, desde o ano 2006 negociouse a firma dun novo acordo de cooperación co Ministerio, para sentar as bases da cooperación entre MARENA e Amigos da Terra, así como os mecanismos de coordinación entre ambas as institucións.