Amigos da Terra Cooperación ao desenvolvemento

Amigos da Terra promove o Desenvolvemento Sostible no Simposio Nicaraguano para a Bioloxía e a Conservación

O pasado mes de outubro Amigos da Terra Nicaragua en conxunto con Universidades e outras ONG,s realizaron o primerio “Simposio Nacional de Medio Ambiente e Bioloxía da Conservación” enmarcado dentro das actividades da Sociedade Mesoamericana para a Bioloxía e a Conservación (SMBC) na rexión durante o 2007, dito Simposio se levou a cabo na Universidade Centroamericana (UCA) en Managua.

A Sociedade Mesoamericana para a Bioloxía e a Conservación (SMBC), xurdiu en Honduras, en xaneiro de 1996, como unha resposta á carencia en Centroamérica e México de foros rexionais de comunicación para profesionais nas ramas da bioloxía e a conservación dos recursos naturais e culturais. Anualmente a SMBC realiza un congreso de forma alterna nos países membros, onde danse cita profesionais, estudantes e defensores do medio ambiente para divulgar as súas accións e coordinar futuras accións con outros implicados.
Dentro da Axenda do Primeiro Simposio, Amigos da Terra desenvolveu o taller “Promoción do Desenvolvemento Sostible en Nicaragua”, onde técnicos de proxectos, coordinadores, contrapartes locais e dirección xeral efectuaron 11 relatorios.

Guillermo Rodríguez, representante de Amigos da Terra en Nicaragua, expuxo as accións que se realizan a través da Asociación Civil Trinacional do Golfo de Fonseca (ACTRIGOLFO) e os logros que se obtiveron na coordinación trinacional para o manexo de Áreas Protexidas; asemesmo diferentes membros da organización expuxeronse as experiencias en cooperación que se desenvolven no territorio: Manexo da Reserva Natural volcán Cosigüina e salientando a importancia da muller nestes procesos; Apicultura para a conservación do bosque e o melloramento da economía familia; logros e retos no Municipio de Somoto ao desenvolver proxectos de manexo sostible con enfoque en manexo de concas; diagnóstico da actividade carboeira e manexo dos remanentes de bosque seco onde se pon ao descuberto o alto grao de deforestación a que está sometido o municipio, así como algunhas accións que Amigos da Terra desenvolve na Vila e un longo etc.

Deste xeito queda máis que demostrado que Amigos da Terra contribúe co desenvolvemento sostible de Nicaragua cun gran esforzo para acadar unha efectiva participación local e aplicando o enfoque de igualdade de xénero.