Amigos da Terra Cooperación ao desenvolvemento

Arquivo de Novas Outubro, 2006

Mobilización contra a Pobreza

O pasado 21 de outubro Amigos da Terra, Manos Unidas, Verdegaia, Axuda en Acción, Meniños, Adega, Unicef, Solidaridade Internacional, Asociación Isis, uníronse para “Rebelarse en contra da Pobreza”, movendo consigo aredor de 50 persoas, as cales concentraronse fronte a subdelegación de Goberno en Ourense.

mesa

Asemesmo ao longo da semana do 16 ao 21 realizaronse diferentes actividades para sensibilizar á cidadanía no tema da pobreza e como cada un de nós pode aportar un gran de area, para que este mundo mellore. Entre as actividades que se fixeron estan mesas informativas na rúa do Paseo e na Universidade, conta contos con Anxo Moure e presentación dun documental titulado a “Illa das Flores”. Ademáis o día da mobilización puidimos contar coa presenza do grupo de teatro Marañao, da universidade de Ourense e o cantautor Fran Fragueiro.

maranao

teatro

contos

contos2

Os resultado desta campaña foi a recollida de 500 sinaturas en Contra Pobreza e de Presión aos líderes políticos para que cumpran cos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio que se asinaron no ano 2000 e que ainda non se avanzou nada.

firma

firmas2

firma3

É por iso que seguimos animando a cidadanía para que se adhiera a campaña, para que cambie o seus hábitos hacia un consumo máis responsable, para que colabore con organizacións que traballan nestes temas, para que se informe e que sobre todo se Solidarice e Movilice!!!

Outro Mundo é Posible!!! Coa túa Axuda


Contra a Pobreza Presiona!!!

Amigos da Terra, Manos Unidas, Asociación ISIS, Solidaridad Internacional, Meniños, Adega, Verdegaia, Unicef e Axuda en Acción, únense para Loitar contra a Pobreza este 21 de Outubro fronte a Subdelegación de Goberno da Cidade de Ourense, a partir das 12:00 a.m. O Obxectivo é esixir que os nosos representante políticos e os líderes mundiais cumpran cos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio que se asinaron no ano 2000 e que ainda non se fixo nada.

  • Porque non queremos que sigan morrendo máis de 45 millóns de nenos e nenas por causas evitables,
  • Porque non queremos que 247 millóns de persoas máis se sumen ás que xa viven en extrema probreza en África Subsahariana,
  • Porque non queremos que cada ano morran 540.000 nenos de sarampión,
  • Porque non queremos que 97 millóns de menores sigan sen escolarizar,
  • Porque non queremos que 529.000 mulleres morran no parto,
  • E porque non queremos que 74 millóns de persoas morran de sida.

Por iso Invitamoste a “Rebelarte Contra a Pobreza”, como cidadanía temos a resposabilidade de vixiar e esixir o Cumprimento destes Obxectivos, en nosas mans está que 30 millóns de nenos e nenas non morran de fame.

A programación do acto do 21 de outubro é a seguinte:

12:00 Mesa Informativa e venda de materiais da Campaña

12:30 Música a cargo de Fran Fragueiro

13:00 Representación Teatral a cargo do grupo Marañao

13:45 Leída do Manifesto da Campaña a Cargo de Jesús Álvarez, Onda Cero

14:00 Fin do Acto

Movilizate e Participa!!!

Rebélate contra a Pobreza, Máis Feitos, Menos Palabras

Continua a Semana da mobilización contra a Pobreza, presentando un acto lúdico a Noite do Venres 20 de Outubro en Ourense, a partir das 20:30, na praza maior coa presentación dun documental titulado a “Illa das Flores” e despois Conta Contos con Anxo Moure con esta actividad pretendese chegar a todo o público e sensibilizalo co tema da probreza e de cómo cada un de nós cumpre un papel importante na Erradicación da Pobreza.

Ademais pola maña do venres haberá unha mesa informativa no edificio politécnico da Universidade, onde estaremos recollendo sinaturas e informando sobre a campaña Pobreza Cero.

Semana de mobilización contra a pobreza

A Coordinadora Galega da que Amigos da Terra forma parte, organiza en Ourense a Campaña Pobreza Cero “Rebélate contra a Pobreza.

O día 21 de outubro temos unha cita moi importante na loita contra a pobreza. Ese día estamos todos/as chamados a mobilizarnos para que os nosos representantes políticos e os líderes mundiais tomen as medidas definitivas e eficaces contra a pobreza no mundo. Haberá actos en diversas cidades, organizados pola Coordinadora de ONG de Desenvolvemento de España, xunto coas Coordinadoras Autonómicas e as organizacións que formar a Alianza Española contra a Pobreza. “20.000 persoas que morren cada día de fame non poden esperar máis”.

E por iso que desde Amigos da Terra convocámosvos as diferentes actividades que se levaran a cabo na Semana de Mobilización contra a pobreza en Ourense partir do 16 ata 21 de Outubro, a programación e a seguinte:

  • Luns 16 de outubro: Mesa Informativa, na rúa do Paseo, fronte as Galerias Viacambre, en horario de 17:00 a 20:00.
  • Martes 17 de outubro: Mesa Informativa, na rúa Paseo fronte as Galerías Viacambre, en horario de 17:00 a 20:00.
  • Venres 20 de outubro: Documental e Conta Contos a cargo de Anxo Moure, na Praza Maior a partir das 20:30.
  • Sábado 21 de outubro: Concentración Fronte a Subdelegación de Goberno a partir das 12:00 a 14:00, haberá mesa informativa e venda de materiais, representación teatral e leida do Menifesto.

A túa participación é moi importante para acabar coa pobreza no mundo, non te esquezas!!!