Amigos da Terra Cooperación ao desenvolvemento

Semana de mobilización contra a pobreza

A Coordinadora Galega da que Amigos da Terra forma parte, organiza en Ourense a Campaña Pobreza Cero “Rebélate contra a Pobreza.

O día 21 de outubro temos unha cita moi importante na loita contra a pobreza. Ese día estamos todos/as chamados a mobilizarnos para que os nosos representantes políticos e os líderes mundiais tomen as medidas definitivas e eficaces contra a pobreza no mundo. Haberá actos en diversas cidades, organizados pola Coordinadora de ONG de Desenvolvemento de España, xunto coas Coordinadoras Autonómicas e as organizacións que formar a Alianza Española contra a Pobreza. “20.000 persoas que morren cada día de fame non poden esperar máis”.

E por iso que desde Amigos da Terra convocámosvos as diferentes actividades que se levaran a cabo na Semana de Mobilización contra a pobreza en Ourense partir do 16 ata 21 de Outubro, a programación e a seguinte:

  • Luns 16 de outubro: Mesa Informativa, na rúa do Paseo, fronte as Galerias Viacambre, en horario de 17:00 a 20:00.
  • Martes 17 de outubro: Mesa Informativa, na rúa Paseo fronte as Galerías Viacambre, en horario de 17:00 a 20:00.
  • Venres 20 de outubro: Documental e Conta Contos a cargo de Anxo Moure, na Praza Maior a partir das 20:30.
  • Sábado 21 de outubro: Concentración Fronte a Subdelegación de Goberno a partir das 12:00 a 14:00, haberá mesa informativa e venda de materiais, representación teatral e leida do Menifesto.

A túa participación é moi importante para acabar coa pobreza no mundo, non te esquezas!!!